Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Xoves, 23 de outubro de 2003 Páx. 13.217

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

EMPRESA PÚBLICA DE OBRAS E SERVICIOS HIDRÁULICOS

RESOLUCIÓN do 15 de outubro de 2003 pola que se anuncia a licitación do concurso, polo procedemento aberto e trámite de urxencia, para a adxudicación do contrato de execución das obras do proxecto de clave OH.232.422 e trece máis (actuacións cofinanciadas polos fondos Feder e de Cohesión da Unión Europea).

a) Obra.

1. Título: ampliación do abastecemento de auga ó Concello de Nogueira de Ramuín. Nogueira de Ramuín (Ourense).

Clave: OH.232.422.

Orzamento base de licitación: cincocentos sesenta e cinco mil seiscentos dezanove euros e oito céntimos (565.619,08 A).

Prazo de execución: doce (12) meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría d.

Garantía provisional: non se esixe.

2. Título: mellora dos colectores en Ponte da Pedra. A Coruña (A Coruña).

Clave: OH.315.581.

Orzamento base de licitación: un millón douscentos vinteoito mil cento vinteseis euros con corenta e nove céntimos (1.228.126,49 A).

Prazo de execución: seis (6) meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría f.

Garantía provisional: non se esixe.

3. Título: mellora no saneamento de San Roque. A Coruña (A Coruña).

Clave: OH.315.582.

Orzamento base de licitación: un millón trescentos noventa e nove mil setecentos euros con cincuenta e dous céntimos (1.399.700,52 A).

Prazo de execución: seis (6) meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría f.

Garantía provisional: non se esixe.

4. Título: ampliación e acondicionamento da rede de colectores na área de influencia do porto da Coruña. A Coruña (A Coruña).

Clave: OH.315.584.

Orzamento base de licitación: dous millóns douscentos dezanove mil trescentos corenta e cinco euros con setenta céntimos (2.219.345,70 A).

Prazo de execución: seis (6) meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría f.

Garantía provisional: non se esixe.

5. Título: rede de colectores do río Mesoiro. A Coruña (A Coruña).

Clave: OH.315.585.

Orzamento base de licitación: catro millóns cincocentos dezasete mil setecentos corenta e dous euros con noventa céntimos (4.517.742,90 A).

Prazo de execución: doce (12) meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría f.

Garantía provisional: non se esixe.

6. Título: acondicionamento do rego Duomes e senda fluvial. Negreira (A Coruña).

Clave: OH.415.511.

Orzamento base de licitación: catrocentos noventa e oito mil seiscentos dezaoito euros con corenta e dous céntimos (498.618,42 A).

Prazo de execución: catorce (14) meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 5, categoría d.

Garantía provisional: non se esixe.

7. Título: adecentamento do río Oribio desde Samos ata á Pontenova. Samos (Lugo).

Clave: OH.427.373.

Orzamento base de licitación: seiscentos cincuenta e oito mil oitocentos cincuenta euros con setenta e seis céntimos (658.850,76 A).

Prazo de execución: vinteseis (26) meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 5, categoría c.

Garantía provisional: non se esixe.

8. Título: saneamento e abastecemento en varios núcleos no concello de Vilamarín. Vilamarín (Ourense).

Clave: OH.532.421.

Orzamento base de licitación: catrocentos oitenta mil cento oitenta e sete euros con trinta e cinco céntimos (480.187,35 A).

Prazo de execución: nove (9) meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría d.

Garantía provisional: non se esixe.

9. Título: captación e abastecemento de auga ó depósito de Présaras. Vilasantar (A Coruña).

Clave: OH.215.566.

Orzamento base de licitación: sesenta e cinco mil setecentos sesenta e seis euros con noventa e tres céntimos (65.766,93 A).

Prazo de execución: un mes e medio.

Clasificación: non se esixe.

Garantía provisional: non se esixe.

10. Título: abastecemento e saneamento en Barbantes e Punxín. Punxín (Ourense).

Clave: OH.532.423.

Orzamento base de licitación: sesenta e un mil seiscentos tres euros e setenta e cinco céntimos (61.603,75 A).

Prazo de execución: un mes e medio.

Clasificación: non se esixe.

Garantía provisional: non se esixe.

11. Título: saneamento e depuración nos Peares. A Peroxa, Carballedo e Pantón (Ourense e Lugo).

Clave: OH.332.396.

Orzamento base de licitación: catrocentos vintetrés mil euros (423.000 A).

Prazo de execución: vintesete (27) meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría c.

Garantía provisional: non se esixe.

12. Título: rede separativa de saneamento na travesía de Ferreira de Pantón. Pantón (Lugo).

Clave: OH.327.364.

Orzamento base de licitación: catrocentos setenta e cinco mil euros con trinta e seis céntimos (475.000,36 A).

Prazo de execución: vintesete (27) meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría c.

Garantía provisional: non se esixe.

13. Título: colectores, impulsión e EDAR de Ponte Caldelas. Ponte Caldelas (Pontevedra).

Clave: OH.336.556.

Orzamento base de licitación: un millón oitenta e dous mil novecentos cincuenta e tres euros e setenta e nove céntimos (1.082.953,79 A).

Prazo de execución: trinta e oito (38) meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría b.

grupo K, subgrupo 8, categoría d.

Garantía provisional: non se esixe.

14. Título: colectores xerais de Abegondo. 2ª fase. Abegondo (A Coruña).

Clave: OH.315.562.

Orzamento base de licitación: seiscentos oitenta e tres mil novecentos seis euros con cincuenta e sete céntimos (683.906,57 A).

Prazo de execución: vinteseis (26) meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría c.

Garantía provisional: non se esixe.

(Declaradas urxentes consonte o establecido no artigo 71 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas).

b) Cofinanciación comunitaria.

As actuacións referidas ás obras nos 1, 6, 7, 8, 9 e 10 do epígrafe a) anterior están cofinanciadas polo fondo Feder da Unión Europea nun setenta por cento (70%) e as dos 2, 3, 4 e 5 polo fondo de cohesión nun oitenta por cento (80%).

c) Documentos de interese para os licitadores.

O prego de cláusulas administrativas particulares e o proxecto estarán de manifesto e ó dispor dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina (de luns a venres e de 9.00 a 14.00 horas), na Empresa Pública de Obras e Servicios Hidráulicos, Consellería de Medio Ambiente, (rúa Doutor Maceira nº 18, Santiago de Compostela. Teléfonos: 981 56 09 10/981 56 09 11, fax 981 56 07 91/981 52 38 67).

Poderá obterse unha copia por conta dos licitadores dos citados prego e proxecto na copistería Copy Nino (rúa Xeneral Pardiñas, nº 2-baixo-Santiago de Compostela, teléfono 981 58 89 38).

Así mesmo, o prego de cláusulas administrativas particulares relativo a esta contratación estará dispoñible a título informativo no seguinte enderezo da Internet: http:/www.xunta.es/contratación.

d) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase a fianza provisional indicada no epígrafe anterior, agás nos casos establecidos no artigo 35 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas (Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño), e unha garantía definitiva equivalente ó catro por cento (4%) do orzamento base de licitación.

As ditas fianzas poderán ser presentadas na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación vixente.

e) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se achega ó prego de cláusulas administrativas particulares.

f) Prazo e lugar de presentación das proposicións.

As proposicións deberán presentarse en sobres pechados no rexistro xeral da Empresa Pública de Obras e Servicios Hidráulicos nos días e horas hábiles de oficina establecidos no epígrafe b) anterior, ou enviarse por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 80.4º do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas (Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro).

Cando a documentación para concorrer á licitación se envíe por correo, o licitador deberá anunciarlle ó órgano de contratación a citada remisión mediante télex, fax ou telegrama no mesmo día, xustificando a data de imposición do envío na oficina de correos.

O prazo de admisión das proposicións terminará ás catorce (14.00) horas do décimo terceiro día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

g) Apertura das proposicións.

O acto público de apertura das proposicións (sobre B) será realizada pola mesa de contratación, ás 9.30 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte ó de remate do prazo de presentación de proposicións, na sala de xuntas da Empresa Pública de Obras e Servicios Hidráulicos. Se ese día coincidise en sábado, domingo ou festivo, a mesa reunirase o primeiro día hábil seguinte á mesma hora.

h) Outras informacións.

A mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación xeral (sobre A), segundo se especifica na cláusula 2.2.6, constitución e funcionamento da mesa de contratación, do prego de cláusulas administrativas particulares.

i) Variantes.

Segundo o especificado no epígrafe F do cadro de características do contrato.

j) Documentos que deberán presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

k) Gastos dos anuncios.

Os anuncios deste concurso público serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 15 de outubro de 2003.

Emilio García Gallego

Presidente da Empresa Pública de Obras

e Servicios Hidráulicos