Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Xoves, 23 de outubro de 2003 Páx. 13.193

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 1 de outubro de 2003 pola que se nomea catedrática de escola universitaria da área de coñecemento de psicoloxía evolutiva e da educación, do departamento de Psicoloxía Evolutiva e da Educación, a Ana María Porto Rioboo (praza 168/2001).

De conformidade coa proposta da comisión designada para xulga-lo concurso que convocou esta universidade por Resolución do 13 de novembro de 2001 (BOE do 27 de novembro), para a provisión da praza número 168/2001, de catedrática de escola universitaria da área de coñecemento de psicoloxía evolutiva e da educación, do departamento de Psicoloxía Evolutiva e da Educación desta universidade, a favor de Ana María Porto Rioboo, e unha vez que a interesada acreditara os requisitos ós que alude o punto 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro.

Este rectorado, no uso das atribucións que lle confire o artigo 20 da Lei 6/2001, do 21 de decembro, de universidades e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Ana María Porto Rioboo, catedrática de escola universitaria da área de coñecemento de psicoloxía evolutiva e da educación, do departamento de Psicoloxía Evolutiva e da Educación desta universidade.

A Coruña, 1 de outubro de 2003.

P.D. (Resolución 26-9-2003)

Eliseo Alfonso Barca Lozano

Rector da Universidade da Coruña en funcións