Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Xoves, 23 de outubro de 2003 Páx. 13.192

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 16 de outubro de 2003, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as listas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal funcionario, reguladas no Decreto 217/2003, do 11 de abril, correspondente ó corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A), escala de biólogos, de conformidade co establecido na Resolución do 20 de maio de 2003.

Rematado o prazo fixado pola resolución da Dirección Xeral da Función Pública do 20-5-2003 (Diario Oficial de Galicia nº 99, do 23 de maio); de presentación de solicitudes para a elaboración das listas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal funcionario, reguladas polo Decreto 217/2003, do 11 de abril, e á vista das solicitudes presentadas para o corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A), escala de biólogos, e unha vez baremada e elaborada pola Comisión Permanente Central a lista nas correspon

dentes sesións, a Dirección Xeral da Función Pública,

RESOLVE:

Primeiro.-Facer pública a lista provisional de baremación dos solicitantes admitidos na lista, con indicación da puntuación.

Segundo.-A citada lista atópase exposta nos taboleiros de anuncios do Servicio de Información e Atención ó Cidadán da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, nos das súas delegacións provinciais e nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia. Así mesmo, os ditos datos poderán consultarse nas páxinas oficiais da Internet da Xunta de Galicia.

Terceiro.-De conformidade co disposto no artigo 8.4º do Decreto 217/2003, do 11 de abril, os interesados disporán dun prazo de 5 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para reclamacións, que irán dirixidas á Comisión Permanente Central de Selección de Persoal Funcionario (Dirección Xeral da Función Pública, Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, edificios administrativos de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela).

Unha vez resoltas estas será elevada a lista definitiva pola comisión central á Dirección Xeral da Función Pública para a súa oportuna publicación.

Santiago de Compostela, 16 de outubro de 2003.

Belén Prado Sanjurjo

Directora xeral da Función Pública