Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Mércores, 22 de outubro de 2003 Páx. 13.159

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública o expediente de modificación (cambio de 3ª a 2ª categoría) do couto de pesca Lambre.

Para os efectos previstos no artigo 15.3º do vixente Regulamento de pesca fluvial e ordenación dos ecosistemas acuáticos, sométese a información pública o expediente de modificación (cambio de 3ª a 2ª categoría) do couto de pesca Lambre, no río do mesmo nome.

Concellos afectados: Irixoa, Vilarmaior, Miño e Paderne.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán consulta-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial no prazo de quince días contados a partir da publicación deste anuncio.

A Coruña, 19 de setembro de 2002.

J. Manuel Álvarez-Campana Gallo

Delegado provincial da Coruña