Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Mércores, 22 de outubro de 2003 Páx. 13.159

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 12 de setembro de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se denega a contratación dun aspirante no proceso de cobertura de postos Infoga 2003 polo desempeño dun posto de traballo no sector privado.

Tentada a notificación na forma establecida sen que se puidese practicar, por medio deste anuncio fáiselle saber a José Luis Caride Méndez, DNI 36103404, con último enderezo coñecido en Abalde nº 7-Beade, do termo municipal de Vigo, que, por resolución do delegado provincial da Consellería de Medio Ambiente en Pontevedra, do 5-8-2003, se denegou, consonte os feitos e as motivacións xurídicas que constan na parte expositiva deste acto

administrativo, a súa contratación como vixilante fixo no proceso de cobertura de postos con persoal laboral interino no Servicio Provincial de Defensa contra Incendios Forestais na campaña Infoga 2003, que foi convocado por resolución da secretaría xeral do 21-5-2003, por canto o aspirante, con número de afiliación á Seguridade Social 36/0082629771, aparece na súa base de datos e figura actualmente como traballador activo a tempo completo co número de patronal 36/104271380, do que é titular a sociedade Pompas Fúnebres del Atlántico, o que impide nos termos da normativa reguladora da defensa de incendios forestais e da lexislación de incompatibilidades e da función pública a súa contratación cun réxime laboral específico de características e actividades exclusivo para o servicio de interese xeral da loita e defensa contra incendios forestais.

O que se lle notifica ó interesado mediante esta publicación, para os efectos establecidos no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, na redacción conferida pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, podendo obte-lo acto administrativo íntegro na secretaría provincial da consellería en Pontevedra.

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Medio Ambiente, como órgano competente para resolvelo ou ante o órgano que dictou o acto que se impugne, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución, de conformidade cos artigos 114 e 115 do texto legal sinalado, sen prexuízo da interposición de calquera outro que o interesado considere procedente.

Pontevedra, 12 de setembro de 2003.

José Antonio López Rodríguez

Delegado provincial de Pontevedra