Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Mércores, 22 de outubro de 2003 Páx. 13.143

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 14 de outubro de 2003, da División de Recursos Humanos, pola que se fai público o acordo dos tribunais de determinadas categorías do proceso extraordinario de consolidación de emprego do Servicio Galego de Saúde, polo que se declara a superación definitiva da fase de selección e se abre o prazo para a presentación de documentación.

O punto 2 da base oitava das diversas ordes da Consellería de Sanidade do 15 de febreiro de 2002 (DOG nº 40, do 25 de febreiro), polas que se convoca proceso extraordinario de consolidación de emprego para a selección e provisión de prazas de persoal estatutario das institucións sanitarias dependentes do Servicio Galego de Saúde, dispón que á vista das reclamacións presentadas e realizadas, se é o caso, as oportunas correccións, o tribunal publicará no Diario Oficial de Galicia o acordo que conteña a relación de aspirantes, por orde de puntuación obtida en cada unha das dúas partes, a de oposición e a de concurso, así como a puntuación total, que será a suma de ámbalas dúas. Para este efecto, a estimación ou desestimación das reclamacións presentadas entenderanse implícitas nesta publicación.

Así mesmo, a base décima establece que os aspirantes que superasen a fase de selección disporán dun prazo de vinte días naturais para presenta-la documentación pertinente.

Polo tanto, adoptado o acordo polos respectivos tribunais, procede agora darlle publicidade no DOG, facultándose para iso expresamente esta División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde, polo que,

RESOLVE:

Primeiro.-Publica-las relacións de aspirantes, pola súa orde definitiva de puntuación, da fase de selección do proceso extraordinario de consolidación de emprego, convocado polas diversas ordes da Consellería de Sanidade do 15 de febreiro de 2002 (DOG nº 40, do 25 de febreiro), que poden consultarse nos taboleiros de anuncios dos servicios centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Sergas ou na súa páxina web (www.sergas.es).

De acordo co establecido no punto 3 da base oitava das citadas ordes, en caso de empate na puntuación final obtida na fase de selección, resolverase a favor do concursante que acredite o maior tempo total de servicios prestados nas institucións sanitarias da Seguridade Social dos servicios de saúde. De persisti-lo empate, resolverase a favor da mellor puntuación nos puntos 1.1 e 1.2 do baremo que figura como anexo I destas e pola súa orde.

Segundo.-Desestimar expresamente aquelas reclamacións presentadas contra a puntuación obtida na parte de concurso, que non modifiquen nestas listaxes definitivas a puntuación inicialmente exposta.

Terceiro.-Declarar rematada a fase de selección, declarando como aspirantes que superaron definitivamente esta os aspirantes incluídos, segundo a súa orde final, no número total de prazas que se vai cubrir, de conformidade co establecido nas respectivas ordes do 15 de febreiro de 2002 e sen prexuízo do establecido na base novena destas, coa seguinte distribución:

CategoríaAcceso

libre

Reserva discapacitadosTotal

Alergoloxía11011

Análises clínicas30030

Anatomía patolóxica24024

Anestesioloxía e reanimación1340134

Anxioloxía e cirurxía vascular17017

Aparello dixestivo28028

Bioquímica clínica404

Cardioloxía45045

Cirurxía cardiovascular707

Cirurxía xeral e aparello dixestivo48048

Cirurxía maxilofacial404

Cirurxía pediátrica707

Cirurxía torácica909

Cirurxía plástica e reparadora707

Dermatoloxía e venereoloxía23023

Endocrinoloxía e nutrición16016

Farmacoloxía clínica202

Farmacia hospitalaria53053

Hematoloxía e hemoterapia27027

Inmunoloxía101

Medicina do traballo404

Medicina intensiva21021

Medicina interna77178

Medicina nuclear101

Medicina preventiva e saúde pública15015

Microbioloxía e parasitoloxía19019

Nefroloxía17017

Pneumoloxía24024

Neurocirurxía14014

Neurofisioloxía clínica404

Neuroloxía21021

Obstetricia e xinecoloxía54054

Oftalmoloxía54155

Oncoloxía médica23023

Oncoloxía radioterápica404

Otorrinolaringoloxía30030

Pediatría e as súas áreas específicas46046

Psiquiatría39039

Radiofísica hospitalaria505

Radiodiagnóstico78179

Rehabilitación27027

Reumatoloxía16016

Traumatoloxía e cirurxía ortopédica44044

Uroloxía23023

Xeriatría11011

Pediatra de atención primaria1372139

Odontólogo-estomatólogo de atención primaria67168

Cuarto.

1. Abri-lo prazo de 20 días naturais contados a partir do día seguinte a esta publicación para que os aspirantes que superaron a fase de selección presenten ante esta división a seguinte documentación:

a) Fotocopia compulsada do documento nacional de identidade ou pasaporte.

b) Declaración de non estar inhabilitado para o exercicio profesional ou desempeño de funcións públicas, nin de ser separado, mediante expediente disciplinario, do servicio de calquera Administración pública, para o que pode utilizarse o modelo proposto no anexo desta resolución.

c) Certificado médico oficial acreditativo da capacidade funcional para o desempeño das funcións propias da categoría.

d) No caso de acceder pola quenda de reserva para discapacitados, achegarase tamén unha fotocopia compulsada da certificación que recoñeza a devandita condición.

2. O persoal facultativo a que se refire a disposición transitoria primeira da Lei 16/2001, do 21 de novembro, que non presentase xustificación acreditativa da superación do procedemento extraordinario para a obtención do título de especialista regulamentado polo Real decreto 1497/1999, do 24 de setembro, deberán presentar ademais documentación acreditativa da dita superación.

3. Os aspirantes que tivesen a condición de persoal fixo das administracións públicas ou dos servicios de saúde estarán exentos de xustifica-las condicións e os requisitos xa acreditados para obte-lo seu anterior nomeamento; deben presentar certificación do centro de que dependan, acreditando a súa condición e demais circunstancias que consten no seu expediente persoal.

Quinto.-Se á vista da documentación presentada, se apreciase que algún aspirante seleccionado non cumpre algún dos requisitos esixidos na convocatoria, a División de Recursos Humanos dictará resolución motivada na que se declarará a perda dos dereitos que se puidesen derivar da súa participación no proceso selectivo e procederá a declarar que superou a fase de selección o seguinte aspirante en puntuación que cumpra cos requisitos esixidos na convocatoria e que superase o concurso-oposición e que inicialmente non figurase entre os que superaron a fase de selección.

Para estes efectos, a División de Recursos Humanos citará na forma conveniente a persoa afectada para a presentación, no prazo de cinco días naturais, da documentación establecida no punto cuarto.

Sexto.-Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses con

tados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo competente, conforme os artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa. Potestativamente, poderán interpoñer recurso de reposición ante esta división no prazo dun mes desde a mesma data, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 14 de outubro de 2003.

José Ignacio Lema Piñeiro

Director xeral da División de Recursos Humanos

ANEXO

D/Dª..., DNI nº..., aspirante no proceso extraordinario de consolidación de emprego da categoría de..., de conformidade coa correspondente convocatoria,

Declaro:

Non estar inhabilitado para o exercicio profesional ou desempeño de funcións públicas, nin ser separado, mediante expediente disciplinario, do servicio de calquera Administración pública.

O que se manifesta para os efectos da superación da fase de selección do dito proceso, en... (lugar, data e sinatura).

Director xeral da División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde.