Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Mércores, 22 de outubro de 2003 Páx. 13.136

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE

ORDE do 2 de outubro de 2003 pola que se acorda a prórroga de cesión de uso de bens mobles propiedade do Servicio Galego de Saúde, outorgada pola Orde do 23 de decembro de 1998, en favor da Fundación Pública Hospital da Barbanza.

Mediante Orde do 23 de decembro de 1998 (DOG nº 9, do 15 de xaneiro), acordouse a cesión de uso

de bens mobles propiedade do Servicio Galego de Saúde a favor da Fundación Pública Hospital da Barbanza, por un período de cinco anos prorrogables por períodos sucesivos de igual duración.

Con data do 22 de xullo de 2003, a dirección da Fundación Pública Hospital da Barbanza solicitou a prórroga da cesión de uso. Para tal efecto tramitouse o pertinente expediente de conformidade co disposto no artigo 35 bis da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma

galega, incluído polo Decreto 238/1998, do 2 de xullo (DOG nº 156, do 13 de agosto) e modificado polo artigo 18 da Lei 7/2002, do 27 de decembro, de medidas fiscais e de réxime administrativo (DOG nº 251, do 30 de decembro), así como no artigo 96 bis do Regulamento do patrimonio da Comunidade Autónoma galega.

Por todo o exposto e en uso das facultades que me confire o artigo 38 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, reformada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Acórdase a prórroga da cesión de uso outorgada pola Orde do 23 de decembro de 1998, a favor da Fundación Pública Hospital da Barbanza, por un período de cinco anos, permanecendo inalterables as demais condicións da cesión de uso.

Artigo 2º

A prórroga da cesión formalizarase mediante acta subscrita polo secretario xeral do Sergas e o director da Fundación Pública, e deberá constar nela o acordo de prórroga e a aceptación do cesionario.

Disposición derradeira

O Servicio Galego de Saúde, a través da Secretaría Xeral e da División de Recursos Económicos, no marco das súas respectivas competencias, realizará os trámites necesarios para a efectividade de canto se dispón nesta orde.

Santiago de Compostela, 2 de outubro de 2003.

José María Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade