Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Martes, 21 de outubro de 2003 Páx. 13.076

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DECRETO 379/2003, do 10 de outubro, polo que se crea a Facultade de Ciencias da Comunicación no Campus da Coruña da Universidade da Coruña.

Polo Decreto 265/2003, do 15 de maio, (DOG do 23 de maio), polo que se concede autorización para implantar estudios conducentes ás titulacións que se citan no sistema universitario de Galicia autorizouse a implantación na Facultade de Ciencias da Educación do Campus da Coruña da Universidade da Coruña do 2º ciclo dos estudios conducentes á obtención do título de licenciado en comunicación audiovisual.

Posteriormente, a Universidade da Coruña ultimou os trámites necesarios para propoñe-la creación da Facultade de Ciencias da Comunicación, na que se impartirán os estudios xa autorizados de comunicación audiovisual.

Neste decreto, baixo a formulación exposta, créase un novo centro no campus da Coruña da Universidade da Coruña, unha vez cumpridos tódolos requisitos previos ó acto formal da autorización por parte da Xunta de Galicia.

Esta creación inscríbese no marco de favorece-la consolidación de unidades departamentais e o aproveitamento dos recursos infraestructurais, e responde á necesidade de completa-lo perfil da Universidade da Coruña, de mellora da calidade do ensino e da potenciación da actividade investigadora.

Por todo iso, de conformidade coa Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, a Lei 11/1989, do 20 de xullo, de ordenación do sistema universitario de Galicia, a Lei 1/2003, do 9 de maio, dos consellos sociais do sistema universitario de Galicia, o Real Decreto 557/1991, do 12 de abril, sobre creación e recoñecemento de universidades e centros universitarios, e o Decreto 259/1994, do 29 de xullo, polo que se establece o procedemento para creación e recoñecemento de universidades, centros universitarios e autorización de estudios na Comunidade Autónoma de Galicia; por instancia do Consello Social da Universidade da Coruña, logo do informe do Consello de Goberno da citada universidade, oído o Consello Universitario de Galicia, en uso das atribucións conferidas pola Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro; por proposta do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, e logo de deliberación

do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do dez de outubro de dous mil tres

DISPOÑO:

Artigo 1º

1. Créase a Facultade de Ciencias da Comunicación no Campus da Coruña da Universidade da Coruña.

2. Na Facultade de Ciencias da Comunicación impartirase o 2º ciclo dos estudios conducentes á obtención do título de licenciado en comunicación audiovisual xa autorizados, deixando sen efecto o disposto no punto 1º do artigo 2 do citado Decreto 265/2003, do 15 de maio, no referente á localización para a implantación desta titulación.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria para que, no ámbito das súas competencias, dicte as disposicións necesarias para o desenvolvemento deste decreto.

Segunda.-Este decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, dez de outubro de dous mil tres.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria