Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: Travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.
Denominación: L.M.T. Valga.
Situación: concellos da Estrada e Cuntis.
Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV con conductor tipo LA-56 de 3.510 m de lonxitude, con orixe no apoio 2B/14 da L.M.T. LES810 María Martínez 10, no concello da Estrada e remate no centro de seccionamento de Piñeiro no concello de Cuntis.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.
Pontevedra, 10 de setembro de 2003.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra