Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: Travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.
Denominación: L.M.T.S., C.T., R.B.T. Albeos-Vilar II.
Situación: concello de Crecente.
Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV con conductor tipo R.H.V. de 559 m de lonxitude, con orixe nun apoio da L.M.T. FRI804, entre as derivadas ós CC.TT. Bodegas Morgadío e Vilar II, e remate no C.T. que se proxecta, de 160 kVA R.T. 20 kV-380/220 V, situado en Castiñeiras, no concello de Crecente. R.B.T. subterránea de 33 m de lonxitude e orixe no C.T. proxectado e R.B.T. aérea de 1.060 m de lonxitude e orixe no remate da L.M.T. en proxecto.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.
Pontevedra, 10 de setembro de 2003.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra