Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Venres, 17 de outubro de 2003 Páx. 13.002

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

XESTIÓN URBANÍSTICA DE PONTEVEDRA, S.A.

ANUNCIO das bases da convocatoria para a contratación dun posto de enxeñeiro técnico de obras públicas.

1. Obxecto e normativa.

A contratación dun enxeñeiro técnico de obras públicas para o ingreso no cadro de persoal laboral fixo da sociedade, que terá como funcións básicas a supervisión dos instrumentos do planeamento urbanístico, proxectos das obras, control destas, así como calquera outra actuación relacionada coa área técnica.

A este proceso selectivo seralle aplicable a Lei 10/1996, do 5 de novembro, e o disposto nas seguintes bases.

2. Requisitos dos aspirantes.

Para ser admitido a participar no proceso selectivo os aspirantes deberán reuni-los seguintes requisitos:

-Ser español ou te-la condición de nacional dun Estado membro da UE.

-Estar en posesión do título de enxeñeiro técnico de obras públicas.

-Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desempeño das corrrespondentes funcións.

-Non estar separado do servicio de ningunha Administración pública en virtude de expediente disciplinario, nin atoparse inhabilitado por sentencia firme.

Tódolos requisitos esixidos deberán posuírse no día de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

3. Presentación de solicitudes.

3.1. Os que desexen tomar parte no proceso selectivo deberán facelo constar en instancia axustada ó modelo que figura no anexo III desta convocatoria. Á instancia xuntaráselle:

a) Fotocopia do documento nacional de identidade ou equivalente do país de orixe.

b) Documento, en orixinal ou copia compulsada, acreditativo da titulación esixida e expediente académico.

c) Currículum vitae.

d) Documentos acreditativos dos méritos que se aleguen, en orixinal ou copia compulsada.

3.2. A presentación de solicitudes farase en man, no rexistro xeral de Xestur Pontevedra, S.A., sito na praza Maruja Mallo nº 1, 1º, de Vigo no prazo de 10 días hábiles contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG. Non se admitirá a entrega de solicitudes por correo.

3.3. Os aspirantes con algunha discapacidade deberán indicalo na solicitude.

3.4. Os erros de feito que puideran advertirse na documentación, poderán corrixirse de oficio ou por instancia do interesado.

3.5. O enderezo que figure nas instancias considerase como o único válido para os efectos de notificacións, sendo responsabilidade única dos aspirantes, tanto os erros na súa consignación, como a comunicación de calquera cambio nel.

4. Admisión de aspirantes.

4.1. Expirado o prazo de presentación de instancias, o presidente de Xestur Pontevedra, S.A. aprobará no prazo máximo de 5 días hábiles a lista provisional de admitidos e excluídos. A dita lista estará exposta ó público nas oficinas de Xestur Pontevedra. Nas devanditas listas constarán os apelidos, nome e número de DNI.

4.2. Os aspirantes excluídos disporán dun prazo de 10 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación da lista de admitidos e excluídos, para poder corrixi-lo defecto que motivou a exclusión. Transcorrido este, aprobarase a lista definitiva, que será exposta na forma indicada no prazo máximo de 5 días hábiles. Así mesmo indicarase a data, a hora e o lugar da realización das probas.

O feito de figurar na relación de admitidos non prexulga que se lles recoñoza ós interesados a posesión dos requisitos esixidos no procedemento que se convoca. Cando da documentación que deba presentarse no caso de supera-lo proceso selectivo, se desprenda que non posúe algún dos requisitos, os interesados decaerán en tódolos dereitos que puideran derivarse da súa participación neste procedemento.

4.3. As decisións adoptadas no proceso de selección serán expostas no taboleiro de anuncios das oficinas de Xestur Pontevedra, S.A.

Vigo, 26 de setembro de 2003.

Cesáreo Novoa Alcáraz

Xerente

ANEXO I

1. Proceso selectivo.

1.1. O proceso selectivo realizarase en tres fases: fase de exame de coñecementos, fase de valoración dos méritos e fase de entrevista, na que se valorará a capacidade e personalidade dos candidatos para o posto de traballo.

1.2. Os aspirantes que non acaden a puntuación mínima do 50% na fase de exame, non se lles valorarán os méritos, nin accederán á fase de entrevista.

1.3. A valoración das tres fases realizarase segundo a seguinte puntuación:

* Exame: ata 53 puntos.

* Méritos: ata 50 puntos.

* Entrevista: ata 15 puntos.

2. Fase de exame: terá como contido o seguinte.

2.1. Primeiro exercicio: de carácter eliminatorio, consistirá na contestación por escrito dun cuestionario de 30 preguntas tipo test, con respostas alternativas, propostas pola comisión de selección segundo o temario que figura no anexo II. O exercicio terá unha duración máxima de 60 minutos. Cualificarase de 0 a 30 puntos. Por cada tres respostas incorrectas descontarase unha correcta.

2.2. Segundo exercicio: consistirá na resolución dun suposto práctico, elixido no momento do exame, entre 5 exercicios propostos pola comisión de selección. Cualificarase de 0 a 20 puntos. A duración máxima do exercicio será de 60 minutos.

2.3. Terceiro exercicio: consistirá na traducción dun texto de galego ó castelán elixido por sorteo de entre tres textos propostos pola comisión de selección. A duración máxima deste exercicio será de 30 minutos.

Este exercicio valorarase de 0 a 3 puntos, correspondéndolle á comisión determina-lo nivel de coñecementos esixidos.

Estarán exentos da realización deste exercicio os aspirantes que acrediten na súa solicitude a posesión do curso de perfeccionamento do galego.

Os aspirantes deberán presentarse para a realización de cada exercicio provistos do DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade. Así mesmo, deberán presentarse provistos da correspondente calculadora técnica, escalímetro, bolígrafo, lapis e goma de borrar.

En calquera momento os aspirantes poderán ser requeridos para acredita-la súa identidade.

2.4. Os aspirantes serán convocados para cada exercicio nun único chamamento, sendo excluído do proceso quen non compareza, agás nos casos de forza maior xustificados e libremente apreciados pola comisión de selección.

O día, a hora e o lugar de realización dos exercicios farase público no taboleiro de anuncios de Xestur Pontevedra, S.A., xunto coa lista definitiva de aspirantes admitidos e excluídos.

O primeiro e segundo exercicio terán lugar unha vez transcorrido un mes dende a data de aprobación da lista de admitidos.

3. Fase de méritos.

3.1. Méritos profesionais:

3.1.1. Experiencia profesional en posto de traballo relacionado coa praza obxecto da convocatoria: cun total de 4 puntos por ano traballado, ata un máximo de 20 puntos, que se acreditará do seguinte xeito:

a) Para traballadores por conta allea: mediante certificado de empresa no que se describirán os pos

tos de traballo desempeñados e da Seguridade Social acreditativo da súa historia laboral.

b) Para traballadores por conta propia: mediante certificado do colexio profesional respectivo ou certificado da Seguridade Social acreditativo da súa historia laboral.

c) Se a dita experiencia se acredita nalgunha Administración ou empresa pública, nun posto de traballo relacionado coas funcións da praza obxecto da convocatoria: mediante certificación do servicio de persoal da entidade correspondente.

3.2. Méritos académicos:

3.2.1. Titulación académica oficial distinta á esixida na convocatoria:

a) Por cada licenciatura ou doutoramento: 4 puntos, cun máximo de 8 puntos.

b) Por cada diplomatura: 3 puntos, cun máximo de 6 puntos.

c) Por cada máster ou postgrado superior a 400 horas: 3 puntos, cun máximo de 6 puntos.

3.2.2. Cursos de informática e ofimática realizados en centros privados homologados ou institucións públicas cunha duración superior a 20 horas. Máximo 5 puntos.

* Curso de Microsoft Word: 1 punto.

* Curso de Microsft Excel: 1 punto.

* Curso de Microsft Access: 1 punto.

* Curso de Autocad: 2 puntos.

3.2.3. Cursos relacionados co contido do posto de traballo, de duración superior a 30 horas en centros privados homologados ou institucions públicas.

Por cada curso 1 punto, ata un máximo de 5 puntos.

3.2.4. Non se puntuará a titulación esixida para o desempeño do posto de traballo.

4. Fase de entrevista.

4.1. Entrevista persoal na que se avaliará a adecuación ó posto de traballo dos aspirantes. A comisión de selección poderá formular ós candidatos aquelas cuestións relacionadas co posto de traballo que considere procedentes. Cualificarse de 0 a 15 puntos.

4.2. A realización da entrevista será anunciada no taboleiro de anuncios das oficinas de Xestur Pontevedra, S.A., con 72 horas de antelación, cando menos.

5. Puntuacións.

As puntuacións de tódalas fases publicaranse no taboleiro de anuncios das oficinas de Xestur Pontevedra, S.A.

A orde de puntuacións dos aspirantes efectuarase de acordo coa suma da puntuación obtida nas diferentes fases.

6. Aspirante seleccionado.

6.1. Finalizado o proceso selectivo a comisión de selección farase pública no lugar da súa sede ou

da forma que considere oportuna, o resultado do proceso, con indicación da puntuación total obtida polos aspirantes.

O secretario da comisión de selección entregaralle ó presidente de Xestur Pontevedra unha copia certificada da relación de aspirantes e puntuacións finais obtidas no conxunto das probas e a proposta de selección.

A selección deberá ser aprobada pola Comisión Ejecutiva de Xestur Pontevedra, S.A. e farase pública por medio do correspondente anuncio nas dependencias da sociedade.

ANEXO II

Temario para a praza de enxeñeiro técnico de obras públicas.

Tema 1. O Estatuto de autonomía de Galicia. Competencias da Comunidade Autónoma. A Xunta de Galicia e o seu presidente.

Tema 2. Os contratos administrativos: natureza, caracteres e clases. Elementos: suxeitos, obxecto, causa e forma. Formas de contratación.

Tema 3. Contratación de obras oficiais. Lexislación vixente. Prego de cláusulas administrativas particulares. Formas de adxudicación. Formalización do contrato.

Tema 4. Contratación de obras: replanteo, actuacións preparatorias: proxecto e supervisión.

Tema 5. Execución do contrato de obras. Recepción e liquidación das obras.

Tema 6. Planeamento urbanístico. Xerarquía deste.

Tema 7. Plans parciais. Estudios de detalle. Contido e documentación.

Tema 8. Proxectos de urbanización. Contido e documentación.

Tema 9. Proxectos sectoriais.

Tema 10. O control de calidade. A definición no proxecto. Laboratorios de control de obra.

Tema 11. Control topográfico.

Tema 12. Os firmes de estradas: aglomerado asfáltico e tratamentos superficiais. Clases e experiencias.

Tema 13. Servicios: canalización e abastecemento da auga, canalizacións eléctricas e de comunicacións.

Tema 14. Os firmes ríxidos. Clase e experiencias.

Tema 15. Conservación de estradas. Organización e métodos de conservación. Vialidade invernal.

Tema 16. Defensa da estrada. Zonas de dominio público, servidume, afección e liña de edificación.

Tema 17. Organización de obra: planning de traballos.

Tema 18. Medición e valoración; criterios de medición das unidades de obra; prezos unitarios, auxiliares e descompostos. Valoración de obras en execución e rematadas. Orzamento de execución material e de contrata.

Tema 19. Características xeométricas de estradas. Obtención dos datos. Cartografía.

Tema 20. Drenaxes. Superficiais, de plataforma e profundas. Solucións.

Tema 21. O control das obras. Materiais e maquinaria. Sistemas de realización do control.

Tema 22. Conduccións en carga. Tipo de tubos. Xuntas. Normas vixentes. Dispositivos funcionais complementarios. Explotación e conservación.

Tema 23. Colectores residuais. Pluviais e depuradoras.

Tema 24. Procedementos para o control ambiental en plans e proxectos.

Tema 25. Dragaxes e canalizacións. Aterramentos e erosións.

Tema 26. Topografía e control topográfico.

Tema 27. Xeotécnica. Probas e ensaios.

Tema 28. Control de calidade. Ensaios.

Tema 29. Seguridade e saúde. Proxecto, plan, etc.

Tema 30. Documentación de obra, libros, partes e informes.

ANEXO III

Modelo de solicitude

Obxecto: participar no proceso selectivo convocado por Xestur Pontevedra para a praza de enxeñeiro técnico de obras públicas para a área técnica.

Datos persoais:

Nome:

Apelidos:

Data de nacemento:

Nacionalidade:

DNI nº:

Enderezo:

Nº teléfono:

Documentos adxuntos:

I. Esixidos:

1. Fotocopia do DNI.

2. Titulación.

3. Currículo vitae.

4. Méritos.

Declaro reuni-los requisitos esixidos para participar nas probas convocadas por Xestur Pontevedra, S.A. para a praza da área técnica.

En Vigo, ... de... de 2003.

Asdo.: