Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Venres, 17 de outubro de 2003 Páx. 12.987

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de outubro de 2003 pola que se adxudican as axudas correspondentes ó Programa de Tecnoloxías da Construcción e da Conservación do Patrimonio convocadas no anexo V da Orde do 29 de abril de 2002 (Diario Oficial de Galicia do 15 de maio) e na Orde do 28 de febreiro de 2003 (Diario Oficial de Galicia do 13 de marzo).

A Orde do 29 de abril de 2002 (DOG do 15 de maio), pola que se aproban as bases que rexerán as convocatorias de axudas correspondentes ás accións do Programa Sectorial de Tecnoloxías para a Innovación do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica e se procede á súa convocatoria, prevé no seu anexo V a concesión de axudas correspondentes ó Programa de Tecnoloxías da Construcción e da Conservación do Patrimonio.

De acordo co Decreto 223/2003, do 11 de abril, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Innovación, Industria e Comercio e se distribúe a competencia para o exercicio da potestade sancionadora entre os seus órganos, as competencias atribuídas á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento foron asumidas pola Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento da Consellería de Innovación, Industria e Comercio.

Na súa virtude, de acordo co establecido nas bases da citada orde de convocatoria e na Orde do 28 de febreiro de 2003 (DOG do 13 de marzo), atendendo ás dispoñibilidades de crédito e por proposta elaborada pola comisión de selección prevista no punto 6 das bases da convocatoria, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro.-Concede-las axudas para a realización de proxectos de investigación aplicada para realizar por grupos de investigación consolidados e de excelencia en universidades, organismos públicos de investigación e centros públicos de investigación da Comunidade Autónoma, ós beneficiarios que se relacionan no anexo I desta resolución, nas contías que en cada caso se sinalan e polo período de tempo indicado, que se computará a partir do día seguinte da súa publicación no DOG. Aqueles proxectos que figuran no dito anexo con autorización para contratar persoal deberán realiza-la dita contratación conforme as normas establecidas polas bases da convocatoria.

As axudas que se relacionan no anexo I comprenden a totalidade da subvención necesaria para a realización do proxecto, incrementado nun 10% destinado ós gastos institucionais que a súa execución supón ó organismo ó que pertence o investigador responsable.

Segundo.-Concede-las axudas para a realización de proxectos de investigación e desenvolvemento para empresas, agrupacións de empresas e asociacións sen ánimo de lucro, ás que se relacionan no anexo II desta resolución.

Terceiro.-A inobservancia por parte dos beneficiarios de calquera das bases establecidas na orde da convocatoria suporá a perda do dereito a percibi-la subvención correspondente.

Cuarto.-Contra esta resolución poderase interpoñer potestativamente recurso de reposición ante o mesmo órgano no prazo dun mes que se contará a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. De non estima-la interposición deste recurso, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses que se contará a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2003.

P.D. (Orde 21-1-2003)

Jesús Vázquez San Luis

Secretario xeral da Consellería

de Innovación, Industria e Comercio

ANEXO I

APLICACIÓN ORZAMENTARIA: 08.05.432A.740.0

SOLICITANTECÓDIGOTÍTULODURACIÓNANO 2003ANO 2004ANO 2005ANO 2006TOTAL CONCEDIDOPERSOAL

CHIUSI, STEFANOPGIDIT03CCP30301PROS LÁSERES NA CONSERVACIÓN DO PATRIMONIO CULTURAL GALEGO: ELIMINACIÓN DE CAPAS DE CERA SOBRE SOPORTE DE MADEIRA E PEDRA DE GRANITO326.82935.77217.8868.94389.430SI

ANEXO II

APLICACIÓN ORZAMENTARIA: 08.05.432A.770.0

SOLICITANTECÓDIGOTÍTULODURACIÓNANO 2003ANO 2004ANO 2005ANO 2006TOTAL CONCEDIDOPORC.

SUBV.

TOTAL PROXECTO

GOC, S.A.PGIDIT03CCP01EINVESTIGACIÓN SOBRE AS UNIÓNS CON NOVOS MATERIAIS NA REHABILITACIÓN DE EDIFICIOS DE PEDRA117.5599.389--26.9483773.127

NOVIO+TABOADA

Y ASOCIADOS, S.L.

PGIDIT03CCP02ENOVOS ESPACIOS HABITABLES352.827122.237139.00017.936332.000311.063.000

PALLADIUM ESTUDIO

DE ARQUEOLOGÍA, S.L.

PGIDIT03CCP03EAPLICACIÓN DA TÉCNICA LÁSER Á RESTAURACIÓN E CONSERVACIÓN DO PATRIMONIO HISTÓRICO315.82311.00011.00018.00055.8237079.975

PUMADE, S.A.PGIDIT03CCP04EDESEÑO DUN SISTEMA DE INSTALACIÓN DE PORTAS DE MADEIRA EN DIFERENTES TIPOS DE OBRA113.7917.374--21.1653365.120

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL

E TURISMO