Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Venres, 17 de outubro de 2003 Páx. 12.986

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 6 de outubro de 2003, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se somete a información pública o estudio de impacto ambiental do proxecto para o asentamento industrial de Lourizán, que se vai desenvolver no termo municipal de Pontevedra. (Clave 03/0205).

En cumprimento do disposto no Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia, sométense a información pública, por solicitude da empresa Grupo Empresarial Ence, S.A., as instalacións que a continuación se describen:

Obxecto de información pública.

Estudio ambiental das instalacións que comprende o proxecto para o asentamento industrial de Lourizán.

Peticionario: Grupo Empresarial Ence, S.A.

Enderezo: Marisma de Lourizán s/n, 36080 Pontevedra.

Localización: Pontevedra.

Características técnicas do proxecto:

Instalacións: inicialmente comprende a construcción da nova planta de producción de papel tisú e da nova planta de tratamento biolóxico, actualmente en proxecto, das augas residuais que se integrará co actual complexo industrial da factoría de pasta de papel de Ence. Nun futuro a medio ou longo prazo tamén se pretenden amplia-las instalacións de producción de pasta, de papel tisú e da planta de coxeración, e a realización, no mesmo recinto industrial, da serraxe da madeira grosa que aflúe ó asentamento industrial.

Orzamento das novas instalacións previstas inicialmente: 142.114.000 euros.

Concello afectado: Pontevedra.

Faise público para coñecemento xeral. Poderá examina-lo estudio ambiental correspondente ás instalacións do proxecto nas dependencias da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, Delegación Provincial da Consellería de Innovación, Industria e Comercio de Pontevedra, Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente de Pontevedra e Concello de Pontevedra, e podense presentar cantas alegacións se consideren pertinentes ante a Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas ou a Delegación Provincial da Consellería de Innovación, Industria e Comercio de Pontevedra, no prazo dun mes contado a partir da última publicación deste anuncio. Finalizado o dito prazo, o expediente xunto coas alegacións recibidas remitiranse á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

Santiago de Compostela, 6 de outubro de 2003.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas