Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Xoves, 16 de outubro de 2003 Páx. 12.937

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 8 de outubro de 2003 pola que se anuncia poxa pública de bens inmobles.

Aprobada polo Consello de Goberno da Universidade de Vigo en sesión celebrada en data 22 de maio de 2003 a alleabilidade para o seu posterior alleamento, mediante poxa, dos bens que se relacionan neste documento, aprobación ratificada polo claustro desta universidade en reunión do día 6 de xuño de 2003 e tendo en conta que na reunión do pleno do Consello Social da Universidade de Vigo celebrada o 23 de xuño de 2003 se aprobou a declaración de alleabilidade dos bens inmobles recollidos e a Resolución do 30 de xuño de 2003 pola que se ordena a publicación da declaración de alleabilidade (DOG do 9 de xullo), este rectorado anuncia poxa pública dos seguintes bens inmobles que asumiron natureza patrimonial a favor da Universidade de Vigo.

1.Descrición dos lotes.

* Lote 1. Identificación: Rectorado.

Municipio: Vigo. Provincia: Pontevedra.

Rúa: Areal, 50. Plantas: soto, baixa, entreplanta, 1ª a 6ª.

-Inmobles sitos na rúa Areal, nº 50 de Vigo.

Predio número un: treinta e dous enteiros catrocentas milésimas sobre cen (32,400%) do predio número un. As cotas transmitidas do local número un concrétanse e dan dereito á utilización e desfrute en exclusiva das prazas de garaxe números vinteseis, vintesete, vinteoito, vintenove, trinta e trinta e un.

-Inscrito no Rexistro da Propiedade nº 1 de Vigo, tomo 986, folio 19.

Predio número catro: local comercial sito na planta baixa do edificio con fronte á zona porticada. Ocupa unha superficie de vintenove metros cincuenta decímetros cadrados na planta baixa e catrocentos metros cadrados na entreplanta.

-Inscrito no Rexistro da Propiedade nº 1 de Vigo, tomo 980, folio 150.

Predio número cinco: local comercial sito na planta baixa do edificio con fronte á zona porticada. Ocupa unha superficie de oitenta e un metros corenta decímetros cadrados.

-Inscrito no Rexistro da Propiedade nº 1 de Vigo, tomo 980, folio 152.

Predio número seis: local comercial sito na planta baixa do edificio con fronte á parcela cedida ó concello. Ocupa unha superficie de sesenta metros cadrados.

-Inscrito no Rexistro da Propiedade nº 1 de Vigo, tomo 980, folio 154.

Predio número trinta e dous: oficina letra B sita na planta primeira con acceso polo portal número dous. Ocupa unha superficie de cincuenta e un metros cadrados aproximadamente.

-Inscrito no Rexistro da Propiedade nº 1 de Vigo, tomo 980, folio 206.

Predio número trinta e catro: oficina letra B sita na planta segunda con acceso polo portal número dous. Ocupa unha superficie de cincuenta e un metros cadrados aproximadamente.

-Inscrito no Rexistro da Propiedade nº 1 de Vigo, tomo 980, folio 210.

Predio número trinta e seis: oficina letra B sita na planta terceira con acceso polo portal número dous. Ocupa unha superficie de cincuenta e un metros cadrados aproximadamente.

-Inscrito no Rexistro da Propiedade nº 1 de Vigo, tomo 980, folio 214.

Predio número trinta e oito: oficina letra B sita na planta cuarta con acceso polo portal número dous. Ocupa unha superficie de cincuenta e un metros cadrados aproximadamente.

-Inscrito no Rexistro da Propiedade nº 1 de Vigo, tomo 980, folio 218.

Predio número corenta: oficina letra B da planta quinta con acceso polo portal número dous. Ocupa unha superficie de corenta metros cadrados aproximadamente.

-Inscrito no Rexistro da Propiedade nº 1 de Vigo, tomo 980, folio 222.

Predio número trinta e un: oficina letra A sita na planta primeira con acceso polo portal número dous. Ocupa unha superficie de cincuenta e cinco metros cadrados aproximadamente.

-Inscrito no Rexistro da Propiedade nº 1 de Vigo, tomo 980, folio 204.

Predio número trinta e tres: oficina letra A sita na planta segunda con acceso polo portal número dous. Ocupa unha superficie de cincuenta e cinco metros cadrados aproximadamente.

-Inscrito no Rexistro da Propiedade nº 1 de Vigo, tomo 980, folio 208.

Predio número trinta e cinco: oficina letra A sita na planta terceira con acceso polo portal número dous. Ocupa unha superficie de cincuenta e cinco metros cadrados aproximadamente.

-Inscrito no Rexistro da Propiedade nº 1 de Vigo, tomo 980, folio 212.

Predio número trinta e sete: oficina letra A sita na planta cuarta con acceso polo portal número dous. Ocupa unha superficie de cincuenta e cinco metros cadrados aproximadamente.

-Inscrito no Rexistro da Propiedade nº 1 de Vigo, tomo 980, folio 216.

Predio número trinta e nove: oficina letra A sita na planta quinta con acceso polo portal número dous. Ocupa unha superficie de cincuenta e cinco metros cadrados aproximadamente.

-Inscrito no Rexistro da Propiedade nº 1 de Vigo, tomo 980, folio 220.

Predio número corenta e un: oficina letra A sita na planta sexta con acceso polo portal número dous. Ocupa unha superficie de cincuenta e cinco metros cadrados aproximadamente.

-Inscrito no Rexistro da Propiedade nº 1 de Vigo, tomo 980, folio 224.

Estremas.

Norte: rúa Areal.

Sur: edificio nº 5 da rúa Oporto.

Leste: edificio nº 52 da rúa Areal.

Oeste: subsolo da parcela cedida polo Concello de Vigo e anexos do edificio do Rectorado da Universidade de Vigo.

* Lote 2.

Identificación: Escola de Relacións Laborais.

Municipio: Vigo. Provincia: Pontevedra.

Rúa: estrada provincial, 12.

Plantas: semisoto, baixo, entreplanta, 1ª e 2ª.

-Predio sita na estrada provincial, nº 12.

Predio urbano sito no lugar de Couto, termo municipal de Vigo, cunha superficie de novecentos trece metros cincuenta e tres decímetros cadrados; dentro do seu perímetro existe un edificio, de semisoto, baixo, entreplanta e dúas plantas máis superiores, cunha superficie total de 2.486 m. Linda no norte coa estrada provincial; sur, de Bóvedas e Armaduras de Hormigón, S.L.; leste, propiedade de Ángel Caride e de José Carreiro Alejos.

-Inscrito no Rexistro da Propiedade de Vigo número 1, no tomo 1.006 de Vigo, folio 131 volto, predio número 27447, inscrición 13ª.

Estremas.

Norte: estrada provincial.

Sur: Bóvedas e Armaduras de Hormigón, S.L.

Leste: José Torras Canals.

Oeste: hdros. de Ángel Caride e de José Barreiro Alejos.

2. A poxa terá lugar ás 12.00 horas do día 21 de novembro de 2003, no salón de actos do Rectorado, Oporto, 1. Vigo.

3. A mesa da poxa estará formada polos seguintes membros:

a) O rector ou persoa na que delegue, que actuará como presidente.

b) O presidente do consello social ou membro no que delegue.

c) O xerente ou persoa na que delegue.

d) O xefe do Servicio de Control Interno.

e) O xefe do Servicio de Xestión Económica e Contratación.

f) Un membro da Asesoría Xurídica.

g) O xefe do Servicio de Patrimonio e Inventario, que actuará como secretario con voz e voto.

4. O prezo base de licitación para o lote 1 (anexo I, Rectorado) é de dous millóns trescentos oitenta e tres mil oitocentos cincuenta e sete euros (2.383.857 A).

O prezo base de licitación para o lote 2 (Escola de Relacións Laborais) é dun millón catrocentos sesenta e dous mil seiscentos dez euros (1.462.610 A).

5. Obtención de documentación e información.

Universidade de Vigo:

Coordinadora da Secretaría Xeral: Ángeles Carballo González, Rectorado, Oporto 1, 36201 Vigo.

Teléfono: 986 81 20 18.

Xefa do Servicio de Patrimonio e Inventario: Mª Ángeles Hermida Paredes, Rectorado: Lagoas-Marcosende, 36310 Vigo.

Teléfono: 986 81 35 83.

6. Presentación das proposicións.

Data límite de presentación: o vixésimo día hábil a contar desde o día seguinte á publicación deste anuncio de poxa no Diario Oficial de Galicia.

Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de condicións administrativas reguladoras da poxa.

Lugar de presentación: rexistro da Universidade de Vigo.

Domicilio: r/ Oporto 1, 36201 Vigo.

7. Páxina web onde poden obte-lo prego e demais informacións do expediente: http://www.uvigo.es/servicios/patrimonio/condiciones-subastas.pdf.

Vigo, 8 de outubro de 2003.

Domingo Docampo Amoedo

Rector da Universidade de Vigo