Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Xoves, 16 de outubro de 2003 Páx. 12.935

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 18 de setembro de 2003, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, pola que se anuncian concursos de subministracións sucesivas, polo procedemento aberto-plurianuais, para a subministración de víveres. Referencia C.214/2003 e catro máis).

O director-xerente do Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, en virtude das competencias que ten atribuídas na orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 14 de marzo de 2002 (DOG nº 66, do 5 de abril), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, no seu artigo 6, e coa autorización expresa prevista nesa mesma norma, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la licitación que a seguir se cita:

1. Nome, enderezo, números de teléfono, telégrafo, telex e telefax do órgano de contratación: Servicio de Contratación do Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña. Planta semisoto do Hotel de Doentes (anexo ó Hospital Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña). As Xubias de Arriba, 84, 15006 A Coruña. Teléfono: 981 17 80 73. Telefax: 981 17 80 32.

2. a) Modalidade da adxudicación elexida: aberta.

b) Forma do contrato que é obxecto da licitación: concurso de subministracións sucesivas-plurianuais.

3. a) Lugar de entrega: Hospital Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña.

b) Natureza e cantidade dos productos que se van subministrar: número da referencia da CPA (Clasificación estatística dos productos por actividades): CNPA 1551, 1533, 15851, 1582, 15831, 1440, 1587, 1533, 15861270, 15332230, 01252100, 153210, 15421, 156110, 15891100, 01121325, 01112211, 01112240, 01121311, 01121327, 01121312, 153321, 15121113, 1586, 15981, 1581, 158911, 15612200, 156131, 15612100, 15622300, 152012 e 15111600.

* Subministración de leite e derivados-C. 214/2003.

Orzamento total: 302.318 euros.

* Subministración de productos non perecedoiros-C. 215/2003.

Orzamento total: 334.365,80 euros.

* Subministración de sopas, triturados dietéticos e outros-C.216/2003.

Orzamento total: 304.621 euros.

* Subministración de auga, café, pan e derivados-C. 217/2003.

Orzamento total: 382.168 euros.

* Subministración de pescado e cordeiro conxelados-C. 218/2003.

Orzamento total: 364.793 euros.

c) Indicacións relativas á posibilidade de que os provedores presenten propostas para determinadas partes das subministracións requiridas:

C. 214/2003-Existen 6 lotes.

C. 215/2003-Existen 10 lotes.

C. 216/2003-Existen 5 lotes.

C. 217/2003-Existen 6 lotes.

C. 218/2003-Existen 3 lotes.

4. Prazo de entrega: ver prego de cláusulas administrativas.

5. a) Nome e enderezo do servicio onde poden ser solicitados o prego de condicións e os documentos complementarios: Servicio de Contratación do Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, (Planta semisoto do Hotel de Doentes, anexo o Hospital Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña). As Xubias de Arriba, 84, 15006 A Coruña, en días laborables das 9.00 ás 14.00 horas. Teléfono: 981 17 80 73. Fax: 981 17 80 32, ou a través da páxina web do sergas: http://www.sergas.es

b) Data límite para efectua-la dita solicitude: 28 de outubro de 2003.

c) Se é o caso, importe e modalidade de pagamento da suma que deba aboarse para obte-los ditos documentos: ningún.

6. a) Data límite de recepción das propostas: 4 de novembro de 2003.

b) Enderezo ó que deben enviarse: rexistro xeral do Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña. Planta baixa do Hospital Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña. As Xubias de Arriba, 84, 15006 A Coruña.

c) Lingua o linguas nas que deban redactarse: galego ou castelán.

d) Documentación que hai que presentar: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

7. a) Persoas admitidas para asistir a apertura das ofertas: apertura en acto público.

b) A data, a hora e o lugar da dita apertura: sala de xuntas da Xestión do Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña. Planta soto do Hotel de Doentes (anexo ó Hospital Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña). As Xubias de Arriba, 84, 15006 A Coruña. As 10.00 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do último día no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte. 17 de novembro de 2003.

8. Garantías esixidas: provisional do 2% do orzamento de licitación de cada lote. Definitiva do 4% do importe base de licitación do lote ou lotes adxudicados.

9. Modalidades básicas de financiamento e pagamento e/ou referencias a textos que as regulan: mediante pagamentos parciais, conforme as entregas igualmente parciais da subministración, debidamente recepcionadas e facturadas.

10. Se é o caso, forma xurídica que deberá adopta-la unión das empresas adxudicataria da contratación: unión temporal das empresas.

11. Datos referentes á situación do provedor e datos e formalidades necesarios para a avaliación das condicións de carácter económico e técnico que deba reuni-lo provedor: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Prazo durante o que o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: tres meses desde a data da apertura das proposicións económicas.

13. Criterios que se empregan para a adxudicación do contrato: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

14. Se é o caso, prohibición das variantes: admítense como máximo ata 2 variantes.

15. Información complementaria: Servicio de Contratación do Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña.

16. Data de publicación no Diario Oficial das Comunidades Europeas do anuncio de información previa ou mención da súa non publicación: 28-11-2002.

17. Data de envío do anuncio: 29 de setembro de 2003.

18. Data da recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas (reservado a OPOCE).

A Coruña, 18 de setembro de 2003.

Jesús Caramés Bouzán

Director xerente do Complexo Hospitalario

Universitario Juan Canalejo-Marítimo Oza

da Coruña