Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Xoves, 16 de outubro de 2003 Páx. 12.934

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 18 de agosto de 2003, da Dirección Xerencia do Hospital Comarcal Valdeorras do Barco de Valdeorras, pola que se fai pública a adxudicación definitiva do procedemento aberto e concurso público 2/2003, de contratación do servicio de limpeza e desinfección deste hospital.

A Dirección Xerencia do Hospital Comarcal Valdeorras do Barco de Valdeorras, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo sexto da Orde do 14 de marzo de 2002 (DOG nº 66, do 5 de abril), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, en cumprimento do disposto no artigo 93.2º do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, resolve publica-la adxudicación do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servicio Galego de Saúde, Hospital Comarcal Valdeorras, r/ Conde Fenosa nº 50, 32300 O Barco de Valdeorras (Ourense).

b) Número de expediente: 2/2003.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: servicios.

b) Descrición do obxecto: servicio de limpeza e desinfección do Hospital Comarcal Valdeorras.

c) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOCE do 4 de xuño, BOE do 13 de xuño, DOG do 30 de maio de 2003.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: 1.070.694 euros.

5. Adxudicación:

a) Data: 18 de agosto de 2003.

b) Contratista: Eurolimp, S.A.

c) Importe de adxudicación: 1.070.590,10 euros.

En cumprimento do previsto no artigo 58 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase esta resolución que pon fin á vía administrativa, podendo ser recorrida na vía contencioso-administrativa perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de 2 meses contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución, consonte o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

O Barco de Valdeorras, 18 de agosto de 2003.

Dionisio López Bellido

Director xerente do Hospital Comarcal Valdeorras

do Barco de Valdeorras