Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Xoves, 16 de outubro de 2003 Páx. 12.933

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 10 de outubro de 2003 pola que se anuncia concurso público aberto para a contratación de servicios de emisión dun anuncio de televisión de 20 segundos do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) para a difusión das vantaxes de Galicia para os investidores estranxeiros.

En cumprimento da legalidade vixente, anúnciase concurso público aberto para a contratación de servicios de emisión dun anuncio de televisión de 20 segundos do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) para a difusión das vantaxes de Galicia para os investidores estranxeiros. (CP 12/2003).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), barrio de San Lázaro s/n, 15703 Santiago de Compostela.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección de Servicios Xurídicos.

c) Número de expediente: CP 12/2003.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: servicios de emisión dun anuncio de televisión de 20 segundos do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) para a difusión das vantaxes de Galicia para os investidores estranxeiros.

b) División por lotes e número: non procede.

c) Lugar de entrega: o informe de execución dos servicios entregarase no Igape (Santiago de Compostela).

d) Prazo de vixencia: ata o 31 de decembro de 2003, prorrogable dentro dos termos legais.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento e forma de adxudicación: concurso público aberto.

4. Orzamento base de licitación. Importe total: 249.500 euros (douscentos corenta e nove mil cincocentos euros), imposto sobre o valor engadido IVE incluído.

5. Garantía provisional: 4.990 euros.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

b) Domicilio: complexo administrativo San Lázaro.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.

d) Teléfono: 981 54 16 93.

e) Telefax: 981 54 10 92.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite para a presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación, se é o caso: (grupos, subgrupos e categoría) grupo T, subgrupo 1, categoría D, equivalente ó grupo III, subgrupo 3, categoría D, da Orde do 24 de novembro de 1982.

b) Solvencia económico-financeira e técnica: non procede por esixirse clasificación.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión finalizará ás 14.00 horas do décimo día natural seguinte á publicación do anuncio de concurso no Diario Oficial de Galicia. De coincidir en sábado, domingo ou festivo en Santiago de Compostela, o prazo entenderase prorrogado ata as 14.00 horas do seguinte día hábil.

b) Documentación que hai presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: en sobre pechado e selado e dentro do prazo sinalado, presentaranse en:

1. Entidade: rexistro xeral do Instituto Galego de Promoción Económica.

2. Domicilio: complexo administrativo San Lázaro s/n.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.

Ou por correo, anunciando ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax, telex, telegrama ou e-mail conforme o previsto no prego de cláusulas administrativas particulares, que debe ter

entrada no Igape antes do termo do prazo de presentación de ofertas, e xustificando a data da imposición do envío na oficina de correos.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 45 días.

e) Admisión de variantes: admítense sobre datas, horarios de emisión e número de anuncios.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Instituto Galego de Promoción Económica.

b) Domicilio: complexo administrativo San Lázaro s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: en acto público o décimo día hábil seguinte ó termo do prazo de presentación de ofertas procederase á apertura das ofertas técnica e económica.

e) Hora: 12.30.

10. Gastos de anuncios: 1.200 euros máximo. Serán por conta do adxudicatario.

11. Se é o caso, portal informático ou páxina web onde figuren as informacións relativas á convocatoria ou onde poidan obterse os pregos: www.xunta.es/contratacion

Santiago de Compostela, 10 de outubro de 2003.

Margarita Rodríguez Rama

Directora xeral do Instituto Galego de Promoción Económica