Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Xoves, 16 de outubro de 2003 Páx. 12.926

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 26 de setembro de 2003 pola que se acorda o inicio, polo procedemento de taxación conxunta, e se somete a información pública o expediente expropiatorio dos bens e dereitos que se precisan ocupar para a execución do polígono 2-A do Plan parcial do parque empresarial do Pereiro de Aguiar.

O Instituto Galego da Vivenda e Solo subscribiu con data do 28 de febreiro de 1991 un acordo co Concello do Pereiro de Aguiar para a promoción pública dun parque empresarial en dito municipio.

Foi formulado o oportuno Plan parcial de ordenación do parque empresarial, que foi aprobado definitivamente por acordo da Comisión Provincial de Urbanismo o 5 de novembro de 1993.

O proxecto de urbanización do parque empresarial foi aprobado definitivamente por acordo do Pleno municipal en sesión do 26 de febreiro de 1994.

O Consello da Xunta de Galicia, con data do 13 de maio de 1994, declarou expresamente a prevalencia da utilidade pública da implantación do parque empresarial do Pereiro de Aguiar sobre a do monte veciñal en man común Monte Alegre da Comunidade de Cachamuíña no termo municipal do Pereiro de Aguiar.

O Pleno da corporación municipal, en sesión do 9 de febreiro de 1996, aprobou definitivamente a primeira modificación puntual do Plan parcial do parque empresarial do Pereiro de Aguiar. En sesión extraordinaria do Concello en pleno do 5 de outubro de 2001, aprobou definitivamente a segunda modificación do Plan parcial do devandito parque. Esta modificación subdivide en dous polígonos o polígono 2, o 2 A e o 2 B, sendo prioritario o primeiro.

Determinouse como sistema de actuación o da expropiación, que realizará o Instituto Galego da Vivenda e Solo, de conformidade cos acordos subscritos co Concello.

A aprobación dos instrumentos de ordenación urbanística implicará a declaración de utilidade

pública das obras e a necesidade de ocupación dos bens e dereitos afectados ós fins da expropiación, segundo o establecido no artigo 33 da Lei 6/1998, do 13 de abril, sobre réxime do solo e valoracións e no artigo 98 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

Este expediente ten por obxecto a expropiación polo Instituto Galego da Vivenda e Solo en beneficio de Xestión Urbanística de Ourense, S.A. dos bens e dereitos necesarios para a execución do polígono nº 2 A do parque empresarial do Pereiro de Aguiar. Trátase dunha expropiación urbanística e, como tal, regulada na Lei 6/1998, de réxime do solo e valoracións (LRSV), na Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, e no Real decreto 3288/1978, do 25 de agosto, que aproba o Regulamento de xestión urbanística (RXU). Así mesmo, conforme a disposición adicional décimo primeira da Lei 1/1991, do 15 de xaneiro, da Xunta de Galicia, as administracións urbanísticas competentes pódenlle adxudicar directamente a formulación e execución de programas de actuación e plans de ordenación mediante os acordos ou concesións que para o efecto establezan, e para levar a cabo as actuacións de adquisición de solo terá a condición de beneficiaria da

expropiación que estas administracións leven a cabo.

As facultades e obrigas do beneficiario da expropiación son as establecidas no artigo 5.2º da Lei de expropiación forzosa.

Para os efectos de fixación do prezo xusto polo procedemento de taxación conxunta, para o seu pagamento ós propietarios afectados e ocupación dos predios afectados Xestión Urbanística de Ourense, S.A., como beneficiaria da expropiación, confeccionou o oportuno expediente, de acordo co disposto no artigo 36 da Lei 6/1998, do réxime do solo e valoracións, artigo 143 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia e artigos 201 e 202 do Regulamento de xestión urbanística.

O artigo 199.1º do RXU establece que «a execución do Plan polo sistema de expropiación nun polígono ou unidade de actuación determinado requirirá que a Administración actuante, ademais de proceder á delimitación do seu ámbito territorial, formule, conforme o previsto na lexislación de expropiación forzosa, unha relación dos propietarios existentes no dito ámbito, coa descrición dos bens e dereitos afectados».

O artigo 17.1º da Lei de expropiación forzosa establece que o beneficiario da expropiación estará obrigado a formula-la relación concreta e individualizada, na que se describan en tódolos seus aspectos, material e xurídico, os bens e dereitos que considere de necesaria expropiación.

O artigo 36 LRSV establece que «o prezo xusto dos bens e dereitos expropiados determinaranse con

forme o establecido no título III desta lei, mediante expediente individualizado ou polo procedemento de taxación conxunta».

Así mesmo, o artigo 142.2º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, establece que a «a Administración actuante poderá aplica-lo procedemento de taxación conxunta ou segui-la expropiación individualmente»; e o artigo 201 do RXU establece que: «1. No sistema de expropiación, o expropiante poderá optar entre segui-la expropiación individualizadamente para cada predio ou aplica-lo procedemento de taxación conxunta.-... 3. Se o órgano urbanístico optase polo procedemento de taxación conxunta, seguirase a tramitación regulamentada nos artigos seguintes».

Tratándose dunha expropiación urbanística, este expediente formúlase polo procedemento de taxación conxunta, ó abeiro do devandito artigo 142.2º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

Na súa virtude acórdase o inicio do expediente de expropiación forzosa polo procedemento de taxación conxunta dos bens e dereitos afectados polo proxecto de expropiación para a execución do Plan parcial do parque empresarial do Pereiro de Aguiar en beneficio de Xestur-Ourense, conforme á modificación aprobada definitivamente polo Pleno do Concello en sesión extraordinaria do 5 de outubro de 2001.

De conformidade co previsto no artigo 143 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sométese a información pública o expediente de expropiación dos bens e dereitos que se precisan ocupar para a construcción do polígono 2 A do parque empresarial do Pereiro de Aguiar, para que quen poida resultar interesado formule as observacións e reclamacións que coide convenientes, en particular no que concerne á titularidade ou valoracións dos seus respectivos dereitos. Acórdase a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e nun xornal dos de maior circulación na provincia. Así mesmo, as taxacións notificaranse individualmente ós que aparezan como titulares de bens e ou dereitos no expediente, para que poidan formula-las alegacións no prazo dun mes, contados a partir da data de notificación, e ó Concello no termo do cal radiquen os bens que se vaian expropiar para que o fixe no taboleiro de anuncios e efectos do disposto no artigo 143.5º

da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

O expediente está exposto nas oficinas de Xestión Urbanística de Ourense, S.A., sitas na rúa Curros Enríquez, nº 1, planta 8ª de Ourense, e as alegacións, poderán presentarse no rexistro desta ou no rexistro da delegación en Ourense do Instituto Galego da Vivenda e Solo, sita na rúa Sáenz Díez nº1 de Ouren

se C.P. 32071, ou en calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Este anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que, por resultaren descoñecidos ou por ignorarse

o seu domicilio, non poidan ser notificados individualmente.

O que se fai público para xeral coñecemento e dos propietarios dos terreos, bens e dereitos afectados, a relacións dos cales se xunta como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2003.

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego

da Vivenda e Solo

Relación de propietarios afectados pola expropiación do Pereiro de Aguiar 2ª

Nº predioApelidos e nomeNatureza do predioSup. para expropiar (m)Prezo xustoOutros bens indemnizables

63Cerredo Ansia, MilagrosRústico65,00 m365,82 A

64González Ribao, LourdesRústico1.630,00 m9.173,64 A

65González Doval, AbelardoRústico1.370,00 m7.710,36 A

66AGonzález Doval, AntonioRústico300,00 m1.688,40 A

66KComunal de CachamuíñaRústico75,00 m422,10 A

67AFernández Cerreda, JoséRústico2.085,00 m11.734,38 A

67KComunal de CachamuíñaRústico265,00 m1.491,42 A

68AFernández Fernández, DanielRústico2.500,00 m14.070 A

68KComunal de CachamuíñaRústico690,00 m3.883,32 A

70APenedo Cerreda, DoloresRústico2.760,00 m15.533,28 A

70KComunal de CachamuíñaRústico738,00 m4.153,46 A

73Doval Cantón, ÁngelaRústico4.848,00 m27.284,54 A

74APérez Ferreiro, TeresaRústico1.682,00 m9.466,30 A

74KComunal de CachamuíñaRústico300,00 m1.688,40 A

75ACerredo Ansia, FranciscoRústico460,00 m2.588,88 A

75BCerredo Ansia, MilagrosRústico725,00 m4.080,30 A

75CCerredo Ansia, AntoniaRústico770,00 m4.333,56 A

75DGonzález Lorenzo, MaríaRústico890,00 m5.008,92 A

75FCerredo Ansia, FranciscoRústico408,00 m2.296,22 A

75KComunal de CachamuíñaRústico792,00 m4.457,38 A

76APérez Doval, José AntonioRústico2.100,00 m11.818,80 A

76BPérez Doval, LuisRústico1.210,00 m6.809,88 A

76KComunal de CachamuíñaRústico290,00 m1.632,12 A

77ACerredo Ansia, FranciscoRústico3.300,00 m18.572,40 A

77KComunal de CachamuíñaRústico289,00 m1.626,49 A

80Fernández Salgado, DanielRústico4.350,00 m24.481,80 A

81AFernández Salgado, CelsoRústico850,00 m4.783,80 A

81KComunal de CachamuíñaRústico115,00 m647,22 A

82AAnsia Fernández, AntonioRústico4.343,00 m24.442,40 A

82KComunal de CachamuíñaRústico12,00 m67,54 A

83Pérez Doval, DoloresRústico1.685,00 m9.596,83 A12 piñeiros non madeirables

84APérez Doval, José AntonioRústico2.625,00 m14.773,50 A

84KComunal de CachamuíñaRústico675,00 m3.798,90 A

85AMera Sánchez, EnriqueRústico11.520,00 m65.610,89 A28 piñeiros madeirables

26 piñeiros non madeirables

85KComunal de CachamuíñaRústico2.735,00 m15.392,58 A

86ATesouro Romero, EladioRústico12.948,00 m243.032,81 A8 piñeiros madeirables

15 piñeiros non madeirables

Edificio cortes 234 m

Edificio palleiro 97,50 m

Edificio bar-cafetería 54 m

Edificio almacén 49,50 m

1 ude. pozo con caseta

Patio interior con bebedoiro e instalacións

Entrada urbanizada con portalón 270 m

Pistas equitación 1.056 m

Movemento de terras 20.000 m

Peche bloques 83,60 m

Peche arame e postes 640 m.l.

Instalación eléctrica, abastecemento e saneamento

86KComunal de CachamuíñaRústico4.132,00 m23.721,87 A3 cerdeiras

2 salgueiros

5 plátanos ornamentais

6 piñeiros madeirables

Nº predioApelidos e nomeNatureza do predioSup. para expropiar (m)Prezo xustoOutros bens indemnizables

87AComunal de CachamuíñaRústico10.578,00 m59.665,54 A4 piñeiros madeirables

6 piñeiros non madeirables

87BComunal de CachamuíñaRústico990,00 m5.571,72 A

88ASalgado Cofan, RemediosRústico186,00 m1.046,81 A

88BSalgado Cofan, DelmiroRústico521,00 m2.960,60 A3 piñeiros non madeirables

88CSalgado Cofan, LuisRústico938,00 m5.326,42 A5 piñeiros non madeirables

88DSalgado Cofan, ElenaRústico468,00 m2.662,32 A3 piñeiros non madeirables

88ESalgado Cofan, CarmenRústico741,00 m4.227,17 A6 piñeiros non madeirables

88FSalgado Cofan, MarinaRústico1.470,00 m8.386,79 A2 piñeiros madeirables

8 piñeiros non madeirables

88KComunal de CachamuíñaRústico1.280,00 m7.260,65 A2 piñeiros madeirables

2 piñeiros non madeirables

89ASánchez Mazaira, AntonioRústico14.705,00 m83.630,90 A16 piñeiros madeirables

60 piñeiros non madeirables

89KComunal de CachamuíñaRústico5.400,00 m31.006,69 A12 piñeiros madeirables

41 piñeiros non madeirables

90Herdeiros de Purificación GonzálezRústico1.710,00 m9.680,71 A6 piñeiros non madeirables

91Doval Fernández, PilarRústico1.540,00 m8.780,77 A12 piñeiros non madeirables

92Fernández González, EmilioRústico1.350,00 m7.730,39 A14 piñeiros non madeirables

93APenedo Ferreira, DoloresRústico4.817,00 m27.318,44 A22 piñeiros non madeirables

93KComunal de CachamuíñaRústico1.695,00 m9.539,46 A

94AFernández Fernández, Eladio e AvelinaRústico4.036,00 m22.885,09 A18 piñeiros non madeirables

94KComunal de CachamuíñaRústico1.664,00 m9.364,99 A

95ASánchez Quintana, RemediosRústico5.339,00 m30.256,25 A22 piñeiros non madeirables

95KComunal de CachamuíñaRústico1.936,00 m10.895,81 A

96Emilio DorriboRústico1.170,00 m6.584,76 A

97ADoval Fernández, AbelardoRústico820,00 m4.652,84 A41 piñeiros non madeirables

97BDoval Fernández, DeliaRústico1.058,00 m6.030,19 A8 piñeiros non madeirables

97CDoval Fernández, LuisRústico1.251,00 m7.135,34 A10 piñeiros non madeirables

97DGonzález Doval, JosefaRústico727,00 m4.119,97 A3 piñeiros non madeirables

97EDoval Fernández, AbelardoRústico1.870,00 m10.581,19 A6 piñeiros non madeirables

97KComunal de CachamuíñaRústico1.750,00 m9.849 A

146.542,00 m999.391,32 A