Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Xoves, 16 de outubro de 2003 Páx. 12.914

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de outubro de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica que se cita.

Outorgada a declaración de utilidade pública que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polas instalacións da reforma da liña

eléctrica aérea a 66 kV, desde a central de Tambre á subestación da Grela, entre os apoios números 48 ó 52, e 52 ó 67, e instalación de novos apoios metálicos entre os apoios 332 e 410, nos termos municipais de Arteixo, Negreira, Brión e Noia (expediente 10167), por resolución desta delegación provincial con data do 23 de setembro de 2003, a favor da entidade beneficiaria Unión Fenosa Distribución, S.A. con enderezo na avda. de Arteixo, nº 171, 15007 da Coruña.

Esta delegación acorda sinala-lo día 7 de novembro de 2003 para o levantamento das actas previas á ocupación, de conformidade cos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 e 56 do seu Regulamento do 26 de abril de 1957, nas que se describirán os bens ou dereitos expropiables e de imposición de servidume de paso de enerxía eléctrica, contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolción no taboleiro de edictos do concello de Negreira, deducida da que se someteu a información pública no DOG, BOP e no xornal La Voz de Galicia con data do 30 de xuño de 2003, 12 de xuño e 19 de agosto, respectivamente; acto ó que deberán concorre-los propietarios propostos dos predios afectados, ós que se lles practicará notificación individual sinalándoselle-los horarios de toma de datos sobre o terreo e do levantamento efectivo das actas nas oficinas da referida casa do concello.

Esta publicación realizarase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destes, de conformidade co artigo 5º da citada Lei de expropiación forzosa.

A Coruña, 9 de outubro de 2003.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña