Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Xoves, 16 de outubro de 2003 Páx. 12.912

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de setembro de 2003, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/85-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto

1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, Velle, 32960 Ourense.

Denominación: L.M.T.S., C.T., r/ Jesús C. Romero Nieto.

Situación: r/ Jesús C. Romero Nieto, Xinzo de Limia.

Descricións técnicas: liña soterrada a 20 kV de 154 m de lonxitude en conductor R.H.Z. 12/20 kV, con orixe na L.M.T. ó C.T. Toural e remata no C.T. proxectado con 400 kVA, R/T 20.000/380-220 V en planta baixa do edificio.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 3 de setembro de 2003.

Ramón Fernández-Linares Bouza

Delegado provincial de Ourense