Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administra
tiva e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: L.M.T.S. e C.T. área empresarial Suevos.
Situación: Arteixo.
Descricións técnicas: liña eléctrica de media tensión subterránea a 15/20 kV, de 2.190 metros de lonxitude en conductor R.H.V. de 240 mm Al, que parte da L.M.T. A Grela Mafriesa e final na mesma liña para dar servicio a catro centros de transformación da área empresarial de Suevos, centros prefabricados de envolvente de formigón, 2 de 400 kVA e outros 2 de 630 kVA. Concello de Arteixo.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.
A Coruña, 12 de setembro de 2003.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña