Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Mércores, 15 de outubro de 2003 Páx. 12.864

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (modificación do PXMO no bordo marítimo de Mera).

O Concello de Pleno, en sesión extraordinaria do 30 de xuño de 2003, acordou aprobar definitiva

mente a remisión da documentación establecida no artigo 92 da Lei 9/2002 á consellería, da modificación do PXMO para os efectos da execución do proxecto denominado adecuación ambiental do bordo marítimo de Mera, consistente en:

-Modificación b) do documento nº 1091, do 23 de xaneiro de 2003, definición dun paseo de bordo 3 metros de largo na Punta Penatouro, dentro da franxa de servidume de tránsito de 6 metros, de conformidade co informe emitido polo director xeral de patrimonio cultural o 24 de marzo de 2003, en consecuencia, respectando o actual perímetro do predio singular.

-Modificación c) recualificación urbanística dun ámbito de solo urbano con ordenanza 2A de vivenda unifamiliar, propoñéndose a súa cualificación como espacio libre de uso e dominio público, manténdose a clasificación de solo urbano.

-Déixase constancia que se desiste da modificación a), consistente en recualificar un ámbito de solo non urbanizable común como zona verde V-6, sen que isto supoña a alteración da clase de solo rústico, dado que isto se produce ex lege, de conformidade co establecido no artigo 32.2º e) e disposición transitoria 1.7.

Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo diante do Xulgado ou Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia; de conformidade cos artigos 8, 9 e 10 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa no prazo de dous meses. Previa e potestativamente, poderase interpoñer recurso de reposición, de conformidade co artigo 116 da Lei 30/1992, no prazo dun mes.

Tamén poderá interpoñe-lo recurso extraordinario de revisión, cando concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 118 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, pola que se aproba o réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, nos prazos establecidos no punto 2º do mesmo artigo 118. Todo isto, sen prexuízo do dereito dos interesados a formula-la solicitude e a instancia á que se refiren os artigos 102.11º e 105.2º da devandita lei.

Oleiros, 8 de setembrobro de 2003.

Ángel García Seoane

Alcalde-presidente