Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Mércores, 15 de outubro de 2003 Páx. 12.854

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de outubro de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública para estudio ambiental, autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución das instalacións que comprende o proxecto modificado do parque eólico de Goia-Peñote. (Expediente 036-EOL).

En cumprimento do disposto no Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia, artigo 53º e 54º da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, capítulo V do título VII do Real decreto 1955/2000, artigo 25º da Lei 10/1995, de ordenación do territorio de Galicia, Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal e Decreto 302/2001 polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, sométese a información pública a solicitude da empresa Gamesa Energía, S.A., as instalacións que a continuación se describen:

Obxecto de información pública:

* Estudio ambiental.

* Autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución das instalacións que comprende o proxecto modificado do parque eólico Goia-Peñote.

A declaración de utilidade pública levará implícita, de acordo co artigo 54º da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, a necesidade de urxente ocupación para os efectos de expropiación forzosa, dos bens e dereitos afectados necesarios para o abastecemento destas instalacións.

Peticionario: Gamesa Energía, S.A., avda. do Cruceiro da Coruña, 201-A, 15705 Santiago de Compostela (A Coruña).

Situación: concellos de Xermade, Vilalba e Muras (Lugo).

Localización (coordenadas poligonais en unidades UTM):

V (0.604.000,00; 4.811.500,00), V (0.606.000,00; 4.811.000,00)

V (0.605.000,00; 4.810.500,00), V (0.605.000,00; 4.810.000,00)

V (0.605.500,00; 4.810.500,00), V (0.606.500,00; 4.810.000,00)

V (0.606.500,00; 4.811.000,00), V (0.607.491,79; 4.811.000,00)

V (0.608.350,00; 4.808.500,00), V (0.609.205,60; 4.808.205,60)

V (0.608.000,00; 4.807.000,00), V (0.607.000,00; 4.808.000,00)

V (0.606.000,00; 4.807.500,00), V (0.605.000,00; 4.809.000,00)

V (0.605.000,00; 4.809.500,00), V (0.604.000,00; 4.809.500,00)

V (0.602.500,00; 4.810.000,00)

Características técnicas do parque eólico:

* Nº de aeroxeradores: 43.

* Potencia nominal unitaria: 850 kW e 2.000 kW.

* Potencia total instalada: 40 MW.

* Tipo de aeroxerador: G-52 e G-80.

* Producción neta anual estimada: 106.160 MWh/ano.

* Orzamento total: 29.198.449,01 euros.

Características técnicas da infraestructura eléctrica de xeración, transformación e interconexión:

* 40 aeroxeradores tipo G-52 de 850 kW de potencia nominal unitaria.

* 3 aeroxeradores tipo G-80 de 2.000 kW de potencia nominal unitaria.

* 40 centros de transformación de 900 kVA de potencia unitaria e relación de transformación 0,69/20 kV, instalados unitariamente no interior de torre de aeroxerador coa súa correspondente paramenta de seccionamento, manobra e protección.

* 3 centros de transformación de 2.100 kVA de potencia nominal unitaria e relación de transformación 0,69/20 kV, instalados unitariamente en interior de torre de aeroxerador coa súa correspondente paramenta de seccionamento, manobra e protección.

* Liñas de media tensión subterráneas para evacuación de enerxía a 20 kV, de interconexión entre centros de transformación 0,69/20 kV e subestación transformadora 20/132 kV.

* Subestación transformadora 20/132 kV, para evacuación de enerxía producida no Parque Eólico Goia-Peñote, composta por un transformador principal 20/132 kV de 45/55 MVA ONAN/ONAF de potencia nominal e un transformador para servicios auxiliares 20/0,4 kV de 50 kVA de potencia nominal cos correspondentes equipos de control, seccionamento, manobra, medida e protección.

Afección a predios particulares:

Zapatas e plataforma. Superficie de expropiación de pleno dominio dos terreos afectados.

Voo. Servidume de voo. A devandita afección supón 2.642,07 m/aeroxerador.

Viais. Servidume de paso das vías polas que circularán os transportes durante a construcción do parque así como durante a etapa de mantemento deste. O largo que ocuparán as vías, incluídas as cunetas é de 6,6 metros.

Gabias. Servidume de paso da liña soterrada de 20 kV. O largo da devandita gabia é de 1,5 metros.

P.E. Superficie de protección eólica. Terreo protexido desde o punto de vista eólico para permiti-la libre circulación do vento nas proximidades do aeroxerador. Poderán realizarse actividades agrícolas e gandeiras pero non actividades forestais ou calquera actividade que impedise o libre tránsito do aire por estas zonas.

O.T. Ocupación temporal dos terreos durante o prazo que duren as obras.

O que se fai público para coñecemento xeral e dos propietarios dos predios e demais titulares afectados que non chegaron a un acordo coa entidade solicitante e que figuran na relación que se insire como anexo deste anuncio, así como as persoas que, sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados, fosen omitidos, para que poidan examina-lo proxecto e presenta-las obxeccións ou alegacións que consideren oportunas, nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo Ronda da Muralla, 70, 27071 Lugo, no prazo de 30 días contados a partir da última publicación deste anuncio.

Así mesmo, o estudio ambiental corresponde ás instalacións do Parque Eólico Goia-Peñote poderase examinar nas dependencias da Dirección Xeral de Industria, Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, Delegación Provincial da Consellería de Innovación, Industria e Comercio de Lugo, Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente en Lugo, e concellos de Xermade, Vilalba e Muras (Lugo), podendo presentarse cantas alegacións se consideren pertinentes ante a delegación provincial na Consellería de Innovación, Industria e Comercio de Lugo, dentro do mesmo prazo sinalado no parágrafo anterior. Finalizado o devandito prazo, o expediente, xunto coas alegacións recibidas, remitirase á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

É de facer constar que esta publicación se realizará igualmente para os efectos determinados polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os interesados sexan descoñecidos, se ignore o lugar ou o medio de notificación, ou ben, tentada a notificación, non se puidese realizar.

Lugo, 7 de outubro de 2003.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados:

Modificación máq. 2 MW P.E. Goia-Peñote:

Predio nº: 133.

Propietario:

Nome: Mª Antonia Isaura Fraga Pico.

Enderezo: Trufas, nº 23, 27831 Santaballa-Vilalba (Lugo).

Superficie afección:

S.E.:

Zapatas: 256 m.

Plataf.: 2.256,57 m.

S.P.:

Voo: 2.009,48 m.

Vías: 0,00 m.

Gabias: 19,27 m.

(P.E.): 1.721,70 m.

Superficie afección:

(O.T.): 1.721,70 m.

Cult.: piñeiral.

Lugar: Fonte dos Cregos.