Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Mércores, 15 de outubro de 2003 Páx. 12.853

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de setembro de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/60-2, 6060 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: Cidade de Viveiro, 4, 27002 Lugo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. soterrada nos Muíños.

Situación: Mondoñedo.

Descricións técnicas: L.M.T. soterrada a 20 kV en conductor R.H.Z. 150 mm Al, en canalización existente, baixo tubo de 160 mm de diámetro, cunha lonxitude de 480 m. A liña sae desde unha cabina existente no C.T. V. Sociais ata ó C.T. Muíños (proxectado), aliméntase éste e sae de novo para cerra-lo anel ó C.T. V. Sociais.

C.T. instalado nunha caseta existente reformada para cumprir coa nova normativa, o C.T. está constituído por un trafo de 630 kVA e 3 celas de SFG (dúas de liña e unha de protección).

R.B.T. soterrada en conductores R.V.-240 e R.B.-95 en canalización existente que alimentará os edificios en construcción. Tamén se contempla a conexión coas redes de baixa existentes.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra esta resolución pódese interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se pode interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Lugo, 12 de setembro de 2003.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo