Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Mércores, 15 de outubro de 2003 Páx. 12.850

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 5 de setembro de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a presentación do permiso de investigación denominado Lamas número 3025, nos concellos de Fornelos de Montes e A Lama da provincia de Pontevedra, por parte de David Fernández Grande Investroc, S.L.

A Delegación Provincial de Pontevedra, fai saber que David Fernández Grande Investroc, S.L., con enderezo social en rúa Pontevedra 4, 4º-36201 Vigo, presentou nesta delegación provincial o día 30 de xuño de 2003, instancia-solicitude do permiso investigación denominado Lamas, sobre unha superficie de dezanove cuadrículas mineiras para recursos da sección C, que se sitúa nos termos municipais de Fornelos de Montes e A Lama da provincia de Pontevedra, ó que lle correspondeu o nº 3025.

A designación do terreo, en coordenadas xeográficas, é a seguinte:

VérticesLonxitude Latitude

V8º 23' 40''42º 23' 00''

V8º 22' 20''42º 23' 00''

V8º 22' 20''42º 21' 40''

V8º 24' 00''42º 21' 40''

V8º 24' 00''42º 22' 40''

V8º 23' 40''42º 22' 40''

A solicitude foi admitida definitivamente a trámite, salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiros.

O que se fai público, para que, calquera que se considere interesado, interpoña a súa reclamación no prazo de quince días hábiles, ante esta delegación provincial, pasado o dito prazo non se admitirá oposición ningunha.

Pontevedra, 5 de setembro de 2003.

P.A. (Resolución do conselleiro 22-7-2002)

Mª del Carmen Girón Daviña

Secretaria provincial de Pontevedra