Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Mércores, 15 de outubro de 2003 Páx. 12.850

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 5 de setembro de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a presentación do permiso de investigación denominado Porto número 3024, nos concellos de Ponte Caldelas e Cotobade da provincia de Pontevedra, por parte de David Fernández Grande Investroc, S.L.

A Delegación Provincial de Pontevedra, fai saber que David Fernández Grande Investroc, S.L., con enderezo social en rúa Pontevedra 4, 4º-36201 Vigo, presentou nesta delegación provincial o día 30 de xuño de 2003, instancia-solicitude do permiso investigación denominado Porto, sobre unha superficie de dez cuadrículas mineiras para recursos da sección C, que se sitúa nos termos municipais de Ponte Caldelas e Cotobade da provincia de Pontevedra, ó que lle correspondeu o nº 3024.

A designación do terreo, en coordenadas xeográficas, é a seguinte:

VérticesLonxitude Latitude

V8º 32' 20''42º 26' 00''

V8º 30' 20''42º 26' 00''

V8º 30' 20''42º 25' 20''

V8º 30' 40''42º 25' 20''

V8º 30' 40''42º 24' 40''

V8º 31' 00''42º 24' 40''

V8º 31' 00''42º 25' 40''

V8º 32' 20''42º 25' 40''

A solicitude foi admitida definitivamente a trámite, salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiros.

O que se fai público, para que, calquera que se considere interesado, interpoña a súa reclamación no prazo de quince días hábiles, ante esta delegación

provincial, pasado o dito prazo non se admitirá oposición ningunha.

Pontevedra, 5 de setembro de 2003.

P.A. (Resolución do conselleiro 22-7-2002)

Mª del Carmen Girón Daviña

Secretaria provincial de Pontevedra