Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Martes, 14 de outubro de 2003 Páx. 12.800

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 12 de setembro de 2003, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, pola que se somete a información pública e audiencia ós interesados o decreto polo que se declara como monumento natural As Catedrais.

A Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza de Galicia define no seu artigo 13 os monumentos naturais como espacios ou elementos da natureza constituídos basicamente por formacións de notoria singularidade, rareza ou beleza que merecen ser obxecto dunha protección especial, así como as formacións xeolóxicas, os xacigos paleontolóxicos e demais elementos da xea que reúnan un interese especial pola singularidade ou importancia dos seus valores científicos, culturais ou paisaxísticos.

Dado que a declaración como monumento natural das Catedrais pode afectar unha pluralidade de interesados, cómpre abrir un período de información pública e audiencia ós interesados, polo que

RESOLVO:

1.-Someter a información pública e audiencia ós interesados o Decreto polo que se declara como monumento natural As Catedrais, situado no termo municipal de Ribadeo (Lugo).

2.-Para os mencionados efectos administrativos, porase á disposición dos administrados o decreto polo que se declara como monumento natural As Catedrais nas seguintes dependencias:

-Dirección Xeral de Conservación da Natureza. Consellería de Medio Ambiente. San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela.

-Servicio de Espacios Naturais e Biodiversidade da Delegación da Consellería de Medio Ambiente de Lugo, Ronda da Muralla, 70, 27002 Lugo.

3.-As alegacións formularanse durante o prazo de vinte días que comezarán a contar a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 12 de setembro de 2003.

Francisco García-Bobadilla Prósper

Director xeral de Conservación da Natureza