Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Martes, 14 de outubro de 2003 Páx. 12.795

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE

CÉDULA do 22 de setembro de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador 69/2003, por infraccións en materia sanitaria.

Con data 1 de setembro de 2003, a instructora do procedemento dictou proposta de resolución do

expediente sancionador 69/2003 incoado na Delegación Provincial da Coruña a Nicolás Vicente Pardo.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada por Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo, notifícase a Nicolás Vicente Pardo o contido da dita proposta que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle sabe-lo dereito que o asiste, ó abeiro do disposto no número 1 do artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante esta delegación provincial no prazo de 15 días hábiles, contados desde o seguinte ó da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consulta-lo expediente, depositado nas dependencias desta delegación, sita na rúa Gregorio Hernández, 2-4, A Coruña e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ó interesado, en cumprimento co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 22 de setembro de 2003.

Jorge Suanzes Hernández

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Nº expediente: 69/2003.

Denunciado: Nicolas Vicente Pardo.

DNI/NIF: 53165097-E.

Último enderezo coñecido: José Mª Hernansaez, 3-2º D. A Coruña.

Feito imputado: infracción á lexislación aplicable en materia sanitaria.

Precepto/s presuntamente infrinxido/s: art. 35.A.3 da Lei 14/1986, xeral de Sanidade; arts. 2.1.1; 2.2 do Real decreto 1945/1983 sobre infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor e da producción agroalimentaria; Real decreto 2483/1986, sobre regulamentación técnico-sanitaria sobre condicións xerais de transporte terrestre de alimentos e productos alimentarios a temperatura regulada e Real decreto 147/1993, modificado polo Real decreto 315/1996, sobre condicións sanitarias de producción e comercialización de carnes frescas.

Tipificación provisional: leve.

Sanción proposta: 150,25 euros. Cento cincuenta euros con vintecinco céntimos.