Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Martes, 14 de outubro de 2003 Páx. 12.794

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE

CÉDULA do 22 de setembro de 2003, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 27/2003, incoado por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 5 de setembro de 2003, o delegado provincial de Ourense dictou resolución do expediente sancionador 27/2003 incoado na Delegación Provincial de Ourense a Jobejocar Restauradores y Hosteleros, S.L.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada por Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo, notifícase a Jobejocar Restauradores y Hosteleros, S.L. o contido da referida resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle sabe-lo dereito que o asiste para interpor recurso de alzada ante o conselleiro

de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o seguinte ó da publicación desta cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, lembrándolle o seu dereito a consulta-lo expediente, depositado nas dependencias desta delegación sita na rúa avda. de Zamora, nº 13 de Ourense, e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

En caso de conformidade con esta resolución, deberá facer efectiva a multa no prazo de 15 días hábiles, mediante ingreso que debe efectuar en calquera oficina de Caixa Galicia, cta. contable 840, código 001 ou de Caixanova Recadación Xunta modelo XTAX, e empregando os impresos normalizados que lle serán facilitados nas dependencias desta delegación provincial. O pagamento voluntario porá fin ó expediente. De non facelo así, procederase ó seu cobramento pola vía de constrinximento.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ó interesado, en cumprimento co disposto no artigo 59.5º da Lei 39/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 22 de setembro de 2003.

José F. Troncoso Casares

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente sancionador nº 27/2003.

Denunciado: Jobejocar Restauradores y Hosteleros, S.L.

CIF: B-32234971.

Último enderezo coñecido: Finca Bamio, nº 13 (Mende). 32950 Ourense.

Feito imputado: infracción en materia sanitaria.

Preceptos infrinxidos: Real decreto 3484/2000, do 29 de decembro, que establece as normas de hixiene para a elaboración, distribución e comercio de comidas preparadas, os artigos: 3.3º, 3.5º, 3.6º, 6.2º, 6.3º, 7.3º e 10.

Tipificación: leve.

Sanción imposta: 300 (trescentos euros).