Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Martes, 14 de outubro de 2003 Páx. 12.793

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

RESOLUCIÓN do 1 de outubro de 2003, da Dirección Xeral de Infraestructuras Agrarias, pola que se notifica a resolución de recurso de alzada contra o acordo de concentración parcelaria da zona da Saceda-Lucenza, Cualedro (Ourense), devolta polo servicio de correos.

Por esta resolución, e en cumprimento do establecido no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e por ser devolta polo servicio de correos, notifícaselle ó interesado, cos datos persoais e último domicilio coñecido que figuran no anexo, a parte dispositiva da resolución do recurso de alzada interposto por Francisco Sueiro Caramés, contra o acordo de concentración parcelaria da zona da Saceda-Lucenza, Cualedro (Ourense).

Santiago de Compostela, 1 de outubro de 2003.

Alejandro Martínez-Geijo Nogueira-Soares

Director xeral de Infraestructuras Agrarias

ANEXO

Destinatario: Francisco Sueiro Caramés.

Domicilio: Cal Toni, Seo de Urgel, 25700 Lleida.

Texto: «Corrixi-lo erro detectado no contido da resolución da Dirección Xeral de Infraestructuras Agrarias do 28 de agosto de 2002, obxecto deste recurso, no punto 1.4 que afecta o propietario recorrente, de xeito que onde di: «O predio 176 pasa a constar con 15-53 áeas», debe dicir: «O predio 176 pasa a constar con 17-23 áreas».

Estima-lo recurso de alzada interposto por Francisco Sueiro Caramés (propietario nº 141) da zona

de concentración parcelaria da Saceda-Lucenza, Cualedro (Ourense) contra a resolución da Dirección Xeral de Infraestructuras Agrarias do 28 de agosto de 2002, no sentido de:

-Adxudicarlle ó recorrente 180 m que pasan a figurar co nº 500-1, procedentes do predio nº 500 da relación de terras sobrantes.

O predio nº 500 da relación de terras sobrantes desaparece como tal como resultado desta resolución e das que afectan os propietarios nº 98 e 140.

-Como consecuencia desta modificación, detráense os 170 m adxudicados no predio do recorrente nº 176, que pasará a figurar novamente coa superficie de 1.553 m.

A antedita superficie de 170 m agrégase ó predio nº 175 de relación de terras sobrantes, rexistrando a superficie de 2.537 m».

Esta resolución pon fin á vía administrativa, e contra ela cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o órgano xurisdiccional competente no prazo de dous meses contados a partir da recepción desta, de conformidade co establecido nos artigos 43 da Lei de concentración parcelaria para Galicia, e 46 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa do 13 de xullo de 1998, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren pertinente.

Notifíqueselles ós interesados na forma prevista na lexislación vixente.