Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Luns, 13 de outubro de 2003 Páx. 12.743

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MONFORTE DE LEMOS

ANUNCIO.

Con data do 19 de xuño de 2003, quedou aprobado con carácter definitivo o estudio de detalle presentado por Cosmavaz e Hijos Construcción y Promoción, S.L., relativo ó cuarteirón formado polas rúas Orense, Fontecha, Pantón e Tomás Vázquez, en Monforte de Lemos.

O que se fai público, en cumprimento do disposto no artigo 92 da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e de protección do medio rural de Galicia.

Monforte de Lemos, 2 de outubro de 2003.

Severino Rodríguez Díaz

Alcalde