Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Luns, 13 de outubro de 2003 Páx. 12.743

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LALÍN

ANUNCIO.

O Concello de Lalín con data do 1 de outubro de 2003 subscribiu un convenio urbanístico con Adolfo e Ovidio Campos Panadeiros, Elisa Cortés Lorenzo, María Vázquez Diéguez e José Vázquez Diéguez para a execución do planeamento na zona sita nas inmediacións da avda. Luis González Taboada e rúa Z, habilitado por acordo inicial da Comisión de Goberno do 30 de setembro de 2003.

De conformidade co disposto no artigo 236 e 237 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia procédese á súa publicación no Diario Oficial de Galicia para que durante o prazo de vinte días poida ser examinado e presentar, se é o caso, as alegacións e reclamacións contra este que procedan, neste Concello de Lalín, en horario de secretaría, de luns a venres 8.00 a 15.00 e sábados de 9.00 a 13.00 horas. Este anuncio publicarase tamén en dous diarios da prensa provincial.

Lalín, 3 de outubro de 2003.

Xosé Crespo Iglesias

Alcalde-presidente