Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Venres, 10 de outubro de 2003 Páx. 12.649

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 16 de setembro de 2003, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que fai pública a adxudicación da contratación da subministración sucesiva de instrumentación para solfexo con destino a centros de ensino de réxime especial dependentes desta consellería. (Expediente 15/2003SU).

En cumprimento do previsto no artigo 93 do texto refundido da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, faise público

que o secretario xeral, actuando en nome do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, por delegación de atribucións segundo a Orde do 21 de xuño de 1996, acordou darlle publicidade á adxudicación que se indica de seguido:

-Contratación da subministración sucesiva de instrumentación para solfexo con destino a centros de ensino de réxime especial dependentes desta consellería (expediente 15/2003SU).

Adxudicatario: lote 1: Musical 47.

Orzamento: 186.528 euros.

Adxudicatario: lote 2: Eductrade.

Orzamento: 36.157 euros.

O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 93 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 16 de setembro de 2003.

Néstor Valcárcel Teijeiro

Secretario xeral da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria