En cumprimento do previsto no artigo 93 do texto refundido da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, faise público que o secretario xeral, actuando en nome do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, por delegación de atribucións segundo a Orde do 21 de xuño de 1996, acordou darlle publicidade á adxudicación que se indica de seguido:
-Contratación da subministración sucesiva de fotocopiadoras e multicopistas para centros de primaria dependentes desta consellería (expediente 13/2003SU).
Adxudicatario: lote 1: Copigal.
Orzamento: 41.782,18 euros.
Adxudicatario: lote 2: Nea Acsagal.
Orzamento: 36.328,66 euros.
O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 93 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 16 de setembro de 2003.
Néstor Valcárcel Teijeiro
Secretario xeral da Consellería de Educación
e Ordenación Universitaria