Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Venres, 10 de outubro de 2003 Páx. 12.614

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 1 de outubro de 2003, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, pola que se fixan as normas do sorteo de permisos para pesca en coutos para a tempada 2004.

Conforme establece o artigo 34, do Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais (Decreto 130/1997, do 14 de maio), correspóndelle a esta dirección xeral fixa-las normas que rexerán o sorteo de permisos de pesca en coutos para pescadores.

As normas do sorteo de permisos de pesca en couto para pescadores para a tempada 2004 serán as seguintes:

-As solicitudes presentaranse antes das 14 horas do 15 de novembro de 2003 no rexistro do Servicio Provincial de Conservación da Natureza que corresponda, ou mediante o procedemento descrito no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

-Os modelos de solicitude estarán á disposición dos interesados nos servicios provinciais de Conservación da Natureza ou nesta dirección xeral.

-O sorteo terá lugar nos servicios provinciais o día 25 de novembro.

-A hora do sorteo, o procedemento deste e de selección de permisos e outras normas complementarias serán establecidas por cada servicio provincial e expostas no taboleiro de anuncios de cada Delegación Provincial de la Consellería de Medio Ambiente.

-A normativa de funcionamento dos coutos será a que estableza a orde anual que regula os períodos hábiles de pesca e normas relacionadas con ela nas augas continentais da Comunidade Autónoma de Galicia durante a tempada de 2004. Os permisos seran outorgados con esta condición e sen que os posibles cambios na normativa poidan dar lugar a cambios de permisos, agás no caso concreto de que se prohiba a práctica da pesca na data ou no couto obtido.

Santiago de Compostela, 1 de outubro de 2003.

Francisco García-Bobadilla Prósper

Director xeral de Conservación da Natureza