Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Xoves, 09 de outubro de 2003 Páx. 12.600

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (FG-471).

O Concello Pleno, en sesión extraordinaria con data do 30 de xuño de 2003, acordou aprobar definitivamente e a remisión da documentación establecida no artigo 92 da Lei 9/2002, á consellería, do estudio de detalle na rúa da Barreira, s/n, en Perillo, presentado por Jesús Lamas Villar y Hermanos, C.B.

Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo diante do Xulgado ou Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade cos artigos 8, 9 e 10 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa no prazo de dous meses. Previa e potestativamente, poderase interpoñer recurso de reposición, de conformidade co artigo 116 da Lei 30/1992, no prazo dun mes.

Tamén poderá interpoñer o recurso extraordinario de revisión, cando concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 118 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, pola que se aproba o réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, nos prazos establecidos no punto 2 do mesmo artigo 118. Todo isto, sen prexuízo do dereito dos interesados a formula-la solicitude e a instancia á que se refiren os artigos 102.1º e 105.2º da devandita lei.

Oleiros, 25 de agosto de 2003.

Ángel García Seoane

Alcalde-presidente