Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Xoves, 09 de outubro de 2003 Páx. 12.599

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE GONDOMAR

ANUNCIO.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Gondomar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

c) Número de expediente: 88/2003.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: contratación de servicio de limpeza para edificios públicos.

b) Número de unidades que se van entregar: as indicadas no anexo I.

c) División por lotes e número: non.

d) Lugar de entrega: Concello de Gondomar.

e) Prazo de execución: dous anos prorrogables por outro dous máis.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: importe total: 126.000 euros (incluído IVE).

5. Garantía provisional: 2.520 euros.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Gondomar.

b) Domicilio: pza. Dr. Latino Salgueiro, número 1.

c) Localidade e código postal: Gondomar, 36380.

d) Teléfono: 986 36 01 25.

e) Telefax: 986 36 08 75.

f) Data límite de obtención de documentos e información: o día anterior ó do remate do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista: solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: durante o prazo de 26 días naturais, contados desde o seguinte ó da data de publicación do último anuncio da licitación no BOP ou DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a que figura no prego de condicións.

c) Lugar de presentación:

1º Entidade: Concello de Gondomar.

2º Domicilio: pza. Dr. Latino Salgueiro, nº 1.

3º Localidade e código postal: Gondomar, 36380.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): tres meses a partir da apertura das ofertas.

e) Admisión de variantes: non.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Concello de Gondomar.

b) Domicilio: pza. Dr. Latino Salgueiro, nº 1.

c) Localidade: Gondomar.

d) Data: quinto día hábil despois do remate da presentación de proposicións, agás que o citado fose sábado, en que quedará demorada ó primeiro día hábil posterior.

e) Hora: 13.00 horas.

10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario (máximo 1.800 euros).

11. Data de envío do anuncio ó Diario Oficial das Comunidades Europeas (se é o caso): non.

Gondomar, 4 de setembro de 2003.

J. Carlos Silva Mariño

Alcalde