Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Xoves, 09 de outubro de 2003 Páx. 12.598

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DAS ARTES ESCÉNICAS E MUSICAIS

RESOLUCIÓN do 2 de setembro de 2003 pola que se acorda a modificación das bases da convocatoria de convenios de colaboración para o mantemento de salas estables de teatro, danza e exhibición escénica en xeral durante o ano 2003 (Diario Oficial de Galicia do 4 de xuño).

Procédese á modificación das bases da convocatoria de convenios de colaboración para o mantemento de salas estables de teatro, danza e exhibición escénicas en xeral durante o ano 2003 nos seguintes termos:

Base segunda: o importe máximo de cada convenio individual será de 30.000 euros.

Base terceira: redúcese a programación mínima esixida de 90 a 65 días. Ademais as produccións propias da compañía ou de compañías que avalan ou apoian as actividades da sala abarcarán 15 días como mínimo e as produccións de compañías galegas cubrirán como mínimo 20 días.

Base cuarta: a ocupación mínima continuada con programación escénica que debe acreditarse é de alomenos 65 funcións anuais na primeira temporada e 65 funcións anuais na segunda temporada.

Base quinta: amplíase o prazo para a presentación de solicitudes engadindo 15 días naturais desde a inserción das modificación no DOG.

Base sexta: recóllense tamén os cambios nos prazos realizados nas bases anteriores (90 días a 65, de 20 días a 15 e de 30 días a 20 días) e amplíase o tempo de valoración da actividade das salas que pasa a ser de cinco anos.

Santiago de Compostela, 2 de setembro de 2003.

José Manuel Soto Virulegio

Xerente do Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais