Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Mércores, 08 de outubro de 2003 Páx. 12.547

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

MANCOMUNIDADE DO SALNÉS

EDICTO.

Aprobados os pregos de cláusulas administrativas e prescricións técnicas que rexerán a adxudicación, mediante procedemento aberto, concurso e tramitación ordinaria, do contrato para a subministración de contedores de proba para residuos de arte de pesca recollidos no proxecto LIFE00/ENV/E/000560 xestión integral de residuos pesqueiros nunha área litoral: experiencia piloto, sométese o expediente a exposición pública na sede da Mancomunidade do Salnés, podendo formularse alegacións nos oito días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio.

O orzamento de licitación establécese en 44.619 euros. A garantía provisional fixouse en 892,38 euros, equivalente ó 2% do orzamento de licitación, elevándose a definitiva ó 4% do tipo de remate do concurso.

Os interesados poderán presenta-las súas ofertas nos quince días seguintes ó da publicación do último anuncio. Dentro do mesmo prazo poderá solicitarse información e obter copias dos pregos no rexistro xeral da Mancomunidade do Salnés, situado no concello de Cambados (praza do Concello, s/n).

Cambados, 12 de setembro de 2003.

Jorge Domínguez Rosal

Presidente