Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Mércores, 08 de outubro de 2003 Páx. 12.547

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA RÚA

EDICTO.

O alcalde, mediante Resolución do 15 de xullo de 2003, adoptou o seguinte acordo:

«En uso das atribucións que a lei me confire, resolvín:

Introdúcense as seguintes modificacións na convocatoria da selección de persoal aprobada por

decreto da Alcaldía de data 12 de maio de 2003, que son as seguintes:

Primeiro.-A fase de concurso non será eliminatoria.

Segundo.-Establécese un 4º exercicio para a selección de persoal que consistirá na traducción dun texto sinalado polo tribunal de galego a castelán e de castelán a galego que se vai desenvolver nun prazo máximo de 30 minutos, puntuándose o presente exercicio de 1 a 10, sendo a puntuación mínima para supera-lo exercicio de 5 puntos.

Terceiro.-Para a promoción interna esixirase ademais dos requisitos sinalados na convocatoria, ter unha antigüidade de dous anos no posto de traballo.

Cuarto.-As titulacións esixibles serán as sinaladas na oferta de emprego público, publicadas no BOE número 145, do 18 de xullo de 2003.

Quinto.-Amplíase o prazo de presentación de solicitudes que será de 20 días naturais contados a partir do día seguinte á publicación destas modificacións no Boletín Oficial del Estado, que previamente será publicado no Diario Oficial de Galicia e no BOP.

A Rúa, 15 de xullo de 2003.

José Vicente Solarat López

Alcalde-presidente