Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Mércores, 08 de outubro de 2003 Páx. 12.532

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 19 de setembro de 2003, da Delegación Territorial de Pontevedra, polo que se relacionan aperturas de trámites de audiencia pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia (Sieira Barrientos, José e outro máis).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónanse aperturas de trámites de audiencia pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázanse os interesados que seren sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado pola oficina liquidadora de distrito hipotecario de Cambados en aplicación do artigo 22 da Lei 1/1998, do 26 de febreiro, de dereitos e garantías dos contribuíntes.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, das 9.00 ás 14.00 horas de luns a venres, ante a oficina sinalada no parágrafo anterior, con enderezo: r/ Ourense, 16, Cambados.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 19 de setembro de 2003.

P.A. (Decreto 312/2000)

Aida Rosell Ramos

Secretaria da Delegación Territorial de Pontevedra

ANEXO

Interesado: Sieira Barrientos, José.

DNI: 33084395-E.

Tr/ Dr. Echeverría, nº 1, Raxó (Poio).

Procedemento: imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados.

Expte. 2026/01.

Liq. 600100066508.

Interesado: Mariscos depurados, S.L.

B-08226953.

R/ Sant Remon, 29-31. Arenys de mar, Barcelona.

Procedemento: imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados.

Expte. 4573/01.

Liq. 600100099300.

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA