Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Mércores, 08 de outubro de 2003 Páx. 12.532

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 19 de setembro de 2003, da Delegación Territorial de Pontevedra, polo que se relacionan liquidacións complementarias pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia (Durán Ces, José Manuel e tres máis).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónase liquidación complementaria pendente de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado pola Oficina Liquidadora de Distrito Hipotecario de Cambados en aplicación do artigo 120 e seguintes, e concordantes, da Lei xeral tributaria.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, en horario das 9 ás 14 horas de luns a venres, ante a oficina sinalada no parágrafo anterior, con enderezo: r/ Ourense, 16 Cambados.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 19 de setembro de 2003.

P.A. (Decreto 312/2000)

Aida Rosell Ramos

Secretaria da Delegación Territorial de Pontevedra

ANEXO

InteresadoProcedemento

Durán Ces, José Manuel

DNI: 33207829-S

R/ Madrid, 38-3º A

Sanxenxo

Imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados.

Expte. 2819/2001

Liq.: 600000105121

Rocafort Morales, Juan María

DNI: 35230549-T

R/ Sagasta, 6-2º A

Pontevedra

Imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados.

Expte. 1650/2002

Liq.: 600011024307

González García, Rosa María

DNI: 42096134-Q

R/ Barcelona, 25-9º-escaleira 2

Moncada-Valencia

Imposto de sucesións e doazóns

Expte. 509/2001

Liq.: 650000008199

González García, Vicente

DNI: I0027176-J

R/ Barcelona, 25-9º-escaleira 2

Moncada-Valencia

Imposto de sucesións e doazóns

Expte. 509/2001

Liq.: 650000008182