Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Mércores, 08 de outubro de 2003 Páx. 12.514

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

ORDE do 12 de setembro de 2003 pola que se fixa o prezo de venda ó público da publicación III Semana Galega do Emprendedor.

A Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 6 sinala a obriga de que os prezos privados sexan fixados polas consellerías correspondentes, logo de informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, e publicados no Diario Oficial de Galicia

Para cumprir este mandato e despois de emitido informe preceptivo favorable pola Consellería de Economía e Facenda, esta consellería,

DISPÓN:

Artigo único:

1. Queda aprobado o prezo de venda ó público da publicación editada por esta consellería e que se relaciona no anexo.

2. Este prezo entenderase, se é o caso, con IVE incluído.

Santiago de Compostela, 12 de setembro de 2003.

María José Cimadevila Cea

Conselleira de Asuntos Sociais, Emprego e

Relacións Laborais

ANEXO

III Semana Galega do Emprendedor: 9 euros.