Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Martes, 07 de outubro de 2003 Páx. 12.450

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 12 de setembro de 2003 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 11 de setembro de 2003, polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo do organismo autónomo Augas de Galicia da Consellería de Medio Ambiente.

Polo Decreto 146/2003, do 6 de febreiro, que modifica o Decreto 108/1996, do 29 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento do organismo autónomo Augas de Galicia (DOG número 29, do 11-2-2003), créase o órgano de goberno denominado Director

Xeral, órgano que para o desenvolvemento das súas funcións precisa a creación dun posto de secretario/a do director xeral.

Por outra banda e co fin de permitir unha ampliación do ámbito persoal de cobertura do posto de subdirector/a xeral de Réxime Económico-Financeiro, proponse a apertura do devandito posto á escala de finanzas.

Tendo en conta o exposto, faise necesario a modificación da actual relación de postos de traballo do dito organismo autónomo.

En consecuencia, por proposta da devandita consellería, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día once de setembro de dous mil tres, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro.-Modifica-la vixente relación de postos de traballo do organismo autónomo Augas de Galicia da Consellería de Medio Ambiente, nos termos que se sinalan no anexo ó presente acordo.

Segundo.-Ordena-la publicación da dita modificación no Diario Oficial de Galicia para efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte a ela.

Terceiro.-Clasificar como posto de libre designación, de acordo coa motivación que se especifica, o seguinte:

Código: MA.A01.00.000.15770.005.

Denominación: secretario/a director xeral.

Motivación: artigo 6 da orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 21 de novembro do 1989 (DOG nº 232, do 4 de decembro). Posto de confianza.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do once de setembro de dous mil tres, relativo á modificación da relación de postos de traballo do organismo autónomo Augas de Galicia da Consellería de Medio Ambiente, coa finalidade de cumpri-lo dito acordo, dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 12 de setembro de 2003.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións

Institucionais e Administración Pública