Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Luns, 06 de outubro de 2003 Páx. 12.437

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

ORDE do 5 de setembro de 2003 pola que se autoriza a transmisión mortis causa da concesión da batea Dama I.

Visto o expediente instruído para efectos de transmisión da batea Dama I e da concesión administrativa que o ampara, resulta:

a) Antecedentes de feito.

Primeiro.-Mediante escrito do 7-11-2001, Emilio Sánchez Vilas, solicitou autorización para a transmisión da concesión da batea Dama I.

Segundo.-Os informes do Servicio de Protección dos Recursos sobre as características da batea e do Servicio Técnico Xurídico sobre a tramitación do expediente son favorables.

b) Fundamentos xurídicos.

Primeiro.-Este órgano é competente para resolve-lo expediente de conformidade coa Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia, e coa Orde do 14 de xuño de 1999, de delegación de competencias nos delegados territoriais da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

Segundo.-O expediente seguiu tódolos trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decre

to 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999, pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Vistas as disposicións citadas, a proposta de resolución elaborada polo Servicio de Recursos Mariños, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería

RESOLVE:

Autoriza-la transmisión mortis causa, a favor de Emilio Sánchez Vilas (33113768-R), 2/4 indivisos; Mª Luisa Sánchez López (78780605-Q), 1/4 indiviso e José Eugenio Sánchez López (78784140-D), 1/4 indiviso restante da concesión administrativa da batea que se indica a continuación:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Dama I.

Localización:

Cuadrícula nº: 230.

Polígono: E.

Distrito: Caramiñal (A Coruña).

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante:

Orde de outorgamento: 29-2-1964 (BOE/DOG nº 77, do 30-3-1964).

Remate da vixencia: 30-3-2004.

Actuais titulares: Emilio Sánchez Vilas (33113768-R) e Mª Carmen López Sánchez (76450796).

Novos titulares: Emilio Sánchez Vilas (33113768-R), Mª Luisa Sánchez López (78780605-Q) e José Eugenio Sánchez López (78784140-D).

Os novos titulares da concesión, quedan subrogados nos dereitos e obrigas dos anteriores.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdicción contencioso-administrativa, que se interporá no prazo de dous meses, contados en ámbolos dous casos desde o día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e o artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

A Coruña, 5 de setembro de 2003.

P.D. (Orde 14-6-1999, DOG nº 120, do 24 de xuño)

Beatriz Mato Otero

Delegada territorial da Coruña