Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Venres, 03 de outubro de 2003 Páx. 12.402

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

RESOLUCIÓN do 24 de setembro de 2003 pola que se anuncia o concurso público aberto, polo trámite de urxencia, para a contratación da subministración dunha embarcación patrulleira.

1. Entidade adxudicadora.

A) Organismo: Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

b)Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Mariños.

2. Obxecto.

a) Descrición do obxecto: contratación da subministración dunha embarcación patrulleira, de acordo cos pregos que rexen para esta contratación.

b) Prazo de execución: sete (7) meses desde a formalización do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento de licitación.

Importe total: un millón de euros (1.000.000 euros) IVE e demais impostos incluídos.

Ano 2003: oitocentos cincuenta mil euros (850.000 euros).

Ano 2004: cento cincuenta mil euros (150.000 euros).

5. Garantía provisoria.

Vinte mil euros (20.000 euros).

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: servicios centrais da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos ou nas súas delegacións territoriais.

b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano, 5-2º.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Teléfono: 981 54 40 79.

e) Telefax: 981 54 40 31.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas.

Así mesmo, tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet: http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=3115.

7. Requisitos específicos do contratista.

Non se esixen.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación rematará ás 14 horas do día 17 de novembro de 2003.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos (edificio administrativo de San Caetano, 5-2º, Santiago de Compostela, 15771), ou por calquera dos xeitos previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: servicios centrais da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano nº 5, 2º.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: 19 de novembro de 2003.

e) Hora: 10 horas.

10. Gastos de publicación.

Serán por conta do adxudicatario.

11. Data do envío deste anuncio ó DOCE: 25 de setembro de 2003.

Santiago de Compostela, 24 de setembro de 2003.

Javier Pereiro Muñoz

Director xeral de Recursos Mariños