Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Venres, 03 de outubro de 2003 Páx. 12.386

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

AUDIENCIA PROVINCIAL DA CORUÑA (SECCIÓN TERCEIRA)

EDICTO (1236/2001).

Na Coruña o vinteoito de xuño de dous mil tres.

Isabel Freire Corzo, secretaria da Sección Terceira da Audiencia Provincial da Coruña, certifica que no rolo de apelación 1236/2001, se dictou resolución co encabezamento e parte dispositiva que son do teor literal seguinte:

«Sentencia.-Presidente, Juan Ángel Rodríguez Cardama; maxistrados: Juan Luis Pía Iglesias, Rafael Jesús Fernández-Porto García.

Na Coruña o dezanove de xullo de dous mil dous. Visto este recurso de apelación tramitado baixo o número 1236/2001 pola sección terceira desta audiencia provincial, constituída polos señores maxistrados que anteriormente se relacionan, interposto nos autos de xuízo de menor contía procedente do Xulgado de Primeira Instancia Número Catro da Coruña, ante o que se tramitaron baixo o número 599/1995, nos que son parte, como apelantes, os demandados José Manuel Rodríguez Carballido e Concepción Sánchez Castro, maiores de idade, veciños da Coruña, con domicilio na Avenida do Xeneral Sanjurjo, 117-119, representados na instancia pola procuradora Nuria Román Masedo e dirixidos pola avogada María Susana Barrallo Suárez,

e como apelados, o demandante José Ramón Rodríguez Rubinos, maior de idade, veciño da Coruña, con domicilio na rúa Cabo Santiago Gómez, 8-4º C, representado na instancia polo procurador Alejandro Reyes Paz e dirixido polo avogado Enrique Bellas Jiménez; o demandado Victorino Terrón Martínez, maior de idade, veciño de San Sebastián de los Reyes (Madrid), con domicilio en Urbanización Fuente del Fresno, rúa Perdigón, 4, representado na instancia polo procurador Luis Fernández-Ayala Martínez e dirixido pola avogada Marta Fenollera; os demandados, Gontrán Póveda Pérez e Pilar Presas Carbajo, maiores de idade, veciños da Coruña, con domicilio na Avda. de Linares Rivas, 10-11, 10º, representados na instancia polo procurador Rafael Pérez Lizarriturri e dirixidos polo avogado Ricardo López Mosteiro, e o demandado Artur Ribeiro Soares de Almeida, maior de idade, veciño da Coruña, con domicilio na rúa Juan Flórez, 38, 8º C, na súa calidade de presidente da Comunidade de Propietarios da casa

número 38 da rúa Juan Flórez da Coruña, representado na instancia pola procuradora María Teresa Pita Urgoiti e dirixido pola avogada Beatriz Ares Castro, tendo sido tamén partes interesadas, como demandados, Emilia Mariño Pena, maior de idade, veciña de San Sebastián de los Reyes (Madrid), con domicilio en Urbanización Fuente del Fresno, rúa Perdigón, 4, en situación procesual de rebeldía na instancia, Urbilar, S.A., actualmente en ignorado domicilio, e Fábrica de Productos Químicos y Farmacéuticos Abello, S.A., actualmente en ignorado domicilio e tamén en situación procesual de

rebeldía; versando os autos sobre rectificación de asentos rexistrais.

Decidimos que desestimando o recurso de apelación interposto en nome de José Manuel Rodríguez Carballido e Concepción Sánchez Castro contra a sentencia dictada o 2 de xaneiro de 2001 polo Xulgado de Primeira Instancia Número Catro da Coruña, nos autos de xuízo de menor contía seguidos co número 599/1995, por instancia de José Ramón Rodríguez Rubinos, debemos confirmar e confirmámo-la dita resolución, impóndolle á parte apelante as custas desta alzada.

Así, por esta nosa sentencia, definitivamente xulgando, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo. Juan Ángel Rodríguez Cardama, Juan Luis Pía Iglesias, Rafael Jesús Fernández-Porto García. Asinado e rubricado».

E para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lles sirva de notificación ós demandados rebeldes en ignorado paradoiro Urbilar, S.A. e Fábrica de Productos Químicos y Farmacéuticos Abello, S.A., estendo e expido este edicto na Coruña o dezanove de xullo de dous mil dous.

A secretaria

Rubricado