Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Venres, 03 de outubro de 2003 Páx. 12.371

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 24 de setembro de 2003 pola que se resolve a convocatoria da do 23 de abril de 2003 (Diario Oficial de Galicia do 12 de maio) de axudas a estudiantes con residencia fóra da Comunidade Autónoma de Galicia con aproveitamento académico excelente, que se incorporen por primeira vez ó sistema universitario de Galicia no curso 2003-2004.

Mediante a Orde do 23 de abril de 2003 (Diario Oficial de Galicia do 12 de maio) convocáronse e aprobáronse as bases que rexen o concurso público de axudas a estudiantes con residencia fóra da Comunidade Autónoma de Galicia con aproveitamento académico excelente, que se incorporen por primeira vez ó sistema universitario de Galicia no curso 2003-2004.

De acordo co establecido no artigo 8 das bases da convocatoria, desde o día 17 ó día 31 de xullo de 2003, expuxéronse as listas de solicitudes admitidas e excluídas, podendo durante ese mesmo prazo os interesados formula-las reclamacións para emendar erros e falta de documentos perante a Dirección Xeral de Universidades.

Rematado este prazo, as solicitudes admitidas foron estudiadas pola comisión avaliadora nomeada na propia orde de convocatoria.

Na súa virtude, de acordo co establecido nas bases da convocatoria, e atendendo ó informe-proposta elevado pola citada comisión avaliadora a través da Dirección Xeral de Universidades, esta consellería

RESOLVE:

Artigo 1º

Facer pública a relación de candidatos que obtiveron axuda e que se relacionan no anexo I da presente orde e na contía que se especifica.

Artigo 2º

Denegarlles axudas ós solicitantes que se relacionan no anexo II da presente orde, polas causas que nel se especifican.

Artigo 3º

Os beneficiarios están obrigados a cumpri-las normas establecidas na orde de convocatoria e a súa

concesión queda, así mesmo, condicionada ó cumprimento dos requisitos establecidos nas devanditas disposicións.

Artigo 4º

Contra a presente orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes a partir do día seguinte ó da súa publicación no DOG, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de setembro de 2003.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO I

NÚM. EXPED.DNI/CIFSOLICITANTECONCEDIDO

2003/000001-076944745QMASEDA GARCÍA, TANIA2.605,00
2003/000003-072498843ZEGIA LARRINAGA, NEREA2.905,00
2003/000004-072066836QHOYOS GUTIÉRREZ, MARÍA2.605,00
2003/000005-078853892WWARREN IGLESIAS, DEVON2.905,00
2003/000006-032887300ZGONZÁLEZ DÍAZ, BÁRBARA2.805,00

TOTAL13.825,00

ANEXO II

NÚM. EXPED.DNI/CIFSOLICITANTEMOTIVO DENEGACIÓN

2003/000002-050221046VÁLVAREZ NAVARRETE, FEDERICO CRISTONON ACADAR PUNTUACIÓN
2003/000007-044474376NPÉREZ LABRADOR, XIANAFÓRA DE PRAZO
2003/000008-071879248QÁLVAREZ BARRIL, BELARMINOFÓRA DE PRAZO