Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Venres, 03 de outubro de 2003 Páx. 12.369

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE SANIDADE

DECRETO 364/2003, do 2 de outubro, polo que se nomea delegada provincial de Pontevedra a Ángeles Feijóo-Montenegro Fernández.

En virtude do establecido nos artigos 4.13º, 34.2º e 22 da Lei de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, por proposta do conselleiro de Sanidade e logo de delibración do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dous de outubro de dous mil tres.

Nomeo a Ángeles Feijóo-Montenegro Fernández delegada provincial da Consellería de Sanidade en Pontevedra.

Santiago de Compostela, dous de outubro de dous mil tres.

P.E.

José Anonio Orza Fernández

Presidente

José Mª Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA