Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Venres, 03 de outubro de 2003 Páx. 12.369

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE SANIDADE

DECRETO 363/2003, do 2 de outubro, polo que se nomea delegado provincial da Coruña a Manuel Barral Castro.

En virtude do establecido nos artigos 4.13º, 34.2º e 22 da Lei de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, por proposta do conselleiro de Sanidade e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dous de outubro de dous mil tres.

Nomeo a Manuel Barral Castro delegado provincial da Consellería de Sanidade na Coruña.

Santiago de Compostela, dous de outubro de dous mil tres.

P.E.

José Antonio Orza Fernández

Presidente

José Mª Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade